• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 2 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Os Concursos de Creación Artística volven sacar á luz o talento creativo do alumnado da UVigo

    Concedéronse premios nas modalidades audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música e repartíronse preto de 8.000 euros entre as trece propostas gañadoras
    Redacción por Redacción
    23 de Dic, 2022
    en Arte
    0
    Os Concursos de Creación Artística volven sacar á luz o talento creativo do alumnado da UVigo

    Captura da curta 'Carlos foi vivir ao mar', primeiro premio de Curta Narrativa.

    Creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música. O talento do alumnado volve, un ano máis, saír á luz coa entrega dos premios dos Concursos de Creación Artística da Universidade de Vigo, galardóns cos que a institución quere amosar o seu compromiso coa innovación, a promoción, a difusión cultural e o apoio ao talento da comunidade universitaria.

    Tal e como informa o Diario da Universidade de Vigo, nesta edición repartíronse máis de 7.000 euros entre as trece propostas gañadoras e, como vén sendo habitual, o concurso con máis seguidores segue a ser o de fotografía, se ben o aumento do nivel de participación foi xeral en todas as categorías, recuperándose así as cifras prepandemia.

    Múltiples premios de creación audiovisual

    O premio que ten detrás o traballo conxunto dun maior número de persoas é o da modalidade Curta Narrativa, convocado dentro do XIX Premio de Creación Audiovisual. Son un equipo de dez alumnas e alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual, autores da curtametraxe Carlos foi vivir ao mar, un traballo “co que levar á práctica coñecementos, inquedanzas e sensibilidades comúns”, tal e como recalca Fernando Areal, director e responsable creativo da curtametraxe. Rodada integramente na localidade pontevedresa de A Guarda e co actor Fran Lareu, recoñecido polo seu paso pola serie Fariña como protagonista, “a historia moldéase a partir da idea dun home que opta polo autoillamento nun momento complicado”,  empregando para plasmar esta idea a súa imaxe cavando buracos no xardín coma metáfora visual da súa autodestrución. 

    “A intención do equipo artístico detrás desta peza é a de trascender ao exercicio audiovisual para acadar una obra de valor cultural, que represente e enriqueza o patrimonio cinematográfico orixinario de Galicia ao mesmo tempo que bebe del, xa que as temáticas, a posta en escena e o ton da curtametraxe están influenciados pola produción de filmes que ten lugar, nos últimos anos, na nosa contorna”, explica o director. “Todas as persoas que formamos parte do proxecto temos idades entre os 21 e os 27 anos, e atopámonos nun período de formación, exploración e toma de conciencia do medio audiovisual”, engade Areal. “Esta é unha curta cunha mirada cara dentro, cara o propio: as nosas historias, os espazos naturais e as manifestacións artísticas que nos son máis próximas”. 

    Nesta mesma modalidade, Curta Narrativa, o segundo premio foi para Dentro de mí, de Susana Gómez. No caso da modalidade de Non ficción o primeiro premio foi para My Truth, un traballo presentado tamén por un equipo composto por media ducia de estudantes e, en Vídeo Experimental premiáronse os traballos de Andrea Núñez, autora de Incandescencias -primeiro premio- e Iria Vázquez, creadora de Interludio -segundo premio-. Nesta ocasión quedou deserta a modalidade de Animación e tamén o 2º premio da categoría de Non Ficción. Cada traballo gañador recibiu un galardón de 700 euros, 400 no caso dos segundos premios.

    O premio de pintura, inspirado no surrealismo de Max Ernst 

    No XIX Premio de Pintura convocábase un único galardón dotado, neste caso, con 1600 euros. O traballo elixido foi a obra 17.92 Somos los amos del mundo, do artista Miguel Teixeira Lamoso, egresado do Grao en Belas Artes e estudante do Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural. “Este traballo forma parte dunha serie de collages creados para o  meu Traballo Fin de Grao e neles afóndase no mundo do subconsciente, empregando o azar, o proceso e as ideas que van aflorando e xerando unha obra de forma procesual e cuxo resultado final se trata dunha imaxe que une todo iso e que o espectador interpretará”, subliña o autor. Como principal referente tomou a obra de Max Ernst, un dos máximos representantes do movemento dadá e o surrealismo, debido, sobre todo, a que lle interesaba a maneira en que este artista integraba formas de distinta natureza, así como a propia utilización que facía do collage.

    • ‘17.92 Somos los amos del mundo’, de Miguel Teixeira, XIX Premio de pintura
    • ‘Fento do Hío’, de Esperanza Broullón, primeiro premio da modalidade Fotografía Única
    • ‘Ausentes’, de Aldara Vázquez, primeiro premio da Modalidade Fotografía Serie

    Este é para Teixeira o primeiro premio que gaña e, ademais da dotación económica, que lle axudará a “seguir debuxando e ampliando a miña obra”, supón tamén para el a satisfacción de que o xurado se fixase e interesase polo seu traballo.

    Cinco fotografías con premio

    A afección pola fotografía está presente nunha ampla porcentaxe da poboación e isto tamén se fai ver no número de traballos que se presentan a estes premios, moito máis amplo que no resto dos concursos. No caso da modalidade de Fotografía Única o primeiro premio foi para Fento do Hío, presentado por Esperanza Broullón, estudante de doutoramento no Grupo de Oceanografía Biolóxica do Centro de Investigación Mariña, CIM-UVigo. “Esta é a primeira vez que gaño un premio de fotografía e tamén a primeira vez que me presento”, salienta a investigadora, ao tempo que admite que nunca pensara en levar o seu hobby pola fotografía más aló da súa vida privada. “A primavera pasada tomei esa foto cerca da miña casa, xa que me gusta moito saír soa, coa miña cámara, a dar paseos pola natureza. Pareceume que era moi bonita e cando vin o anuncio do concurso nas listas de correo da UVigo, decidín presentala”.

    Na modalidade de Fotografía Serie o primeiro premio foi para Aldara Vázquez, por Ausentes, e o segundo premio para Forranchadas de Rubén Mascato, se ben o xurado decidiu tamén conceder un accésit –co mesmo valor que o 2º premio- a Po e os meus pés descalzos, de Andrea Mosquera, “dada a calidade desta proposta no eido da fotografía performativa, pola sutileza e elegancia das formas e a suxestión do relato”. No caso de Fotografía Única o segundo premio foi para María López por Faíscas. Repartíronse en total 2.100 euros -900 para cada un dos primeiros premios e 600 para os segundos-.

    Besta e Cantigas de Amor, nos Premios de Maquetas de música

    No caso do XIX Premio de maquetas de música o xurado fixo referencia ao elevado nivel acadado nesta edición. Finalmente elixiron como traballo gañador, con 850 euros, Besta, do grupo Bicho, representado por Sara Martínez e, como segundo premio, con 450 euros, a Cantigas de amor, do grupo Dalsi, da man de Antón Álvarez.
     

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia
    Local

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia

    01 de Dic, 2025
    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025
    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina
    Marítima

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina

    21 de Nov, 2025
    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos
    Local

    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos

    17 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Los vigueses perdieron 34 horas al volante en los atascos

    «No se toman medidas hasta que hay una desgracia, y no será por falta de advertencias»

    por Redacción
    01 de Dic, 2025
    0

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    por Redacción
    30 de Nov, 2025
    0

    Semana de ilustres (y esperados) estrenos en la calle Príncipe

    Tras un año en Vigo, la perfumería ‘low cost’ por excelencia se expande a Vialia

    por Redacción
    28 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un gran tranvía para un gran Vigo
    Más Vigo

    Un gran tranvía para un gran Vigo

    Casi al final de este año 2025 ha salido a la luz un libro muy interesante sobre los tranvías de...

    por Julio Alonso
    01 de Dic, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    La escritora viguesa Laura Torres regresa este viernes, 28 de noviembre, a su ciudad natal para presentar Beland, mi lugar...

    por David Augusto
    27 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Los querubines son de Vigo
    Opinión

    Los querubines son de Vigo

    Lo que muestra esta fotografía es el estado actual de una de las zonas más significativas de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    30 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR