22012020Mié
Última edición: Mié, 22 Ene 2020 9pm

O MARCO acolle en Vigo a representación de ‘Pan duro II’ “para amosar a través da cultura a dor” que provoca o machismo

Carmela Silva: “Ninguén poderá deter esta loita porque non hai nada máis importante que rachar cun sistema patriarcal que practica o feminicidio”

27 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
O acto tivo lugar este martes pola tarde-noite. / Foto: Deputación de Pontevedra O acto tivo lugar este martes pola tarde-noite. / Foto: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu no museo MARCO de Vigo o acto de arranque do programa ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’ no marco das iniciativas programadas pola institución con motivo do 25-N, Día Internacional contra as Violencias Machistas.  ‘Pan duro II’, como así se chamou a ‘performance’ realizada polas artistas Ana Gesto, María Marticorena, Isabel León e Ana Mateo no museo, fixo alusión ao espellismo da igualdade e á pseudoigualade acadada.

Na súa intervención, Silva amosou o compromiso de seguir loitando contra as violencias machistas “ata que haxa violencia cero contra as mulleres, porque non hai nada máis importante que rachar cun sistema patriarcal que practica o feminicidio, non hai nada máis xusto, máis democrático e que sexa maior prioridade que loitar para que as mulleres, a metade da poboación, teñamos todos os dereitos e vivamos libres de violencias”.

A presidenta provincial recordou a Sara, a muller asasinada onte en Tenerife. “Xa vai a arrepiante cifra de 52 mulleres asasinadas este ano que, amais, segundo feminicidio.net, ascenden a 93 vidas que seguramente antes do cumio da violencia, que é o asasinato, tiveron que sufrir moitas violencias, moitos malos tratos. Dende que hai rexistros son xa 1028 mulleres e estamos fartas. E aínda hai quen se atreve a negar que hai unha violencia que se exerce soamente contra as mulleres… Esta sociedade non se conmove? Mentres se sigan asasinando ás mulleres polo mero feito de ser mulleres non seremos unha sociedade plenamente democrática”, asegurou Silva.

Por estes motivos naceu ‘Mulleres en acción. Violencia Zero’, “que emprega o elemento máis transformador da sociedade, que é a cultura, e amosar a través dela toda a dor que temos as mulleres contra un sistema que nos impide ser libres e cumprir os nosos sonos”. Deste xeito levaremos aos concellos da provincia “contidos, silencios, verbas, poesía, música, teatro, performances para que se sume a xente e cambiar así o mundo”.

‘Pan duro II’ de Gesto, Marticorena, León e Mateo consistiu nunha acción íntima que conflúe de xeito simultáneo. Tratouse novamente dunha acción inédita que compartiu os “moletes de pan” coa representación iniciada o luns en Pontevedra, ‘Pan duro I’. Deste xeito a peza traza unha continuidade coa primeira acción realizada no Pazo provincial da Deputación, sendo os conceptos eixo a "transformación", a "liberación", a "visibilización" e a "reconstrución".

A actuación foi realizada nos dous niveis do panóptico do MARCO, facendo do espazo un elemento construtor da mesma. Sen embargo, neste caso, as artistas mudaron o elemento común entre Pontevedra e Vigo, o pan, que pasou de ser duro a fresco, aínda que soamente en aparencia. Deste xeito, e rodeadas de numeroso público, baleiraron o interior dos moletes para volver a enchelos das migallas de pan duro empregado onte en Pontevedra facendo, deste xeito, alusión ao espellismo da igualdade e á pseudoigualdade acadada, que moitas veces só oculta unha realidade desigual “disfrazada”.

fitur 2020

tráfico

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos