06122019Vie
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm

O Maratón Fotográfico de Vigo apúntase a Instagram

Os participantes teñen 24 horas, entre o 28 e o 29 de setembro, para facer as súas instantáneas sobre catro temas secretos, tanto polo método tradicional como polas redes sociais

20 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Unha muller fai unha foto co seu móbil. Unha muller fai unha foto co seu móbil.

O Maratón Fotográfico de Vigo celebra este ano a súa vixésimo cuarta edición mantendo a esencia do concurso e incorporando novidades, como a incorporación de patrocinadores locais e do mundo da fotografía e o novo Concurso Maratón Fotográfico en Instagram. O evento está organizado pola Agrupación Fotográfica Galega e este ano terá lugar os días 28 e 29 de setembro.

O concurso espera reunir a 150 fotógrafos, que compartirán 24 horas nos que retratar sobre catro temas que propón a organización e son secretos ata o momento da saída do Maratón.

O Concello de Vigo repite como o colaborador principal dun Maratón que porta o seu nome, mais este 2019 a organización suma patrocinios de marcas do sector, como Canon, Olympus, Sigma e Profoto, e de empresas locais, como Reizentolo, Woodtwon e Vitrasa.

Unha das principais novidades do evento deste ano é a creación dun novo Concurso Maratón Fotográfico en Instagram, a rede social maioritaria entre o público novo como modo de difusión de imaxes.

Co obxectivo de chegar ao público xuvenil -aínda que sen requisito de idade-, o concurso demanda o retrato da cidade desde tres puntos de vista, correspondentes a tres etiquetas: #gente, #paisaje e #blancoynegro. O prazo de presentación de imaxes conclúe este domingo, 22 de setembro.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

vigo

ocio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos