17112019Dom
Última edición: Sáb, 16 Nov 2019 8pm

O ‘Atlas de soidade’ de Xosé Luís Otero pecha as etapas do ciclo ‘Metrópole’ do MARCO

Este venres inaugurouse a exposición do artista galego, que permanecerá aberta na primeira planta do MARCO ata o próximo 15 de setembro

14 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A exposición foi inaugurada este venres. / Foto: Concello de Vigo A exposición foi inaugurada este venres. / Foto: Concello de Vigo

‘Xosé Luís Otero. Atlas de soidade’ é a cuarta etapa do ciclo ‘Metrópole. Perspectiva urbana da arte galega’, unha serie de exposicións que naceu co dobre obxectivo de facer unha viaxe ao Vigo dos anos 20 (cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang do mesmo nome) e ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual.

Desde este venres e ata o próximo 15 de setembro, Otero dispón na primeira planta do MARCO as súas creacións artísticas, con pezas ideadas nos últimos meses para a ocasión. O propio autor, na presentación da mostra, indicou que "a honra máis grande da miña vida é poder expoñer aquí". Abel Caballero definiu ‘Atlas de soidade’ como "unha forma de ver o territorio e unha expresión de fortaleza".

Nesta ocasión, Xosé Luís Otero participa das dúas disciplinas clave na súa formación e posterior desenvolvemento como artista: a pintura e a escultura. Así, nas súas instalacións, a paisaxe -o xénero tradicional do que bota man na pintura dos seus comezos- cobra unha nova dimensión, convertida xa en leitmotiv dun universo de dous polos: rural e urbano.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos