17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Os versos de María do Carme Kruckenberg esténdense polas paredes de Vigo

MM Puhinger deu continuidade á obra creada en 2015 cun novo mural na rúa Roupeiro ao abeiro da quinta edición do programa ‘Vigo, cidade de cor’

17 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Vista da rúa Roupeiro, cos dous murais dedicados a Kruckenberg. / Foto: MM Puhinger Vista da rúa Roupeiro, cos dous murais dedicados a Kruckenberg. / Foto: MM Puhinger

A literatura non foi creada para quedar unicamente nos libros. E por iso os murais do programa ‘Vigo, cidade de cor’ están a espallar o seu contido polas rúas da cidade, onde tamén renden tributo ás firmas máis salientables da cultura galega. Sucedeu hai pouco coa obra ‘Mulleres nas letras’, do proxecto Expostas, que xa loce na rúa Tomás Alonso.

Tamén ocorreu hai catro anos na rúa Roupeiro. Alí calquera viandante pode ler os versos da escritora viguesa María do Carme Kruckenberg antes de subir as escaleiras que conducen a García Barbón. Pero agora a lectura continúa despois. O mural pintado en 2015 por MM Puhinger, que tivo que ser recuperado por un acto de vandalismo, vén de ser complementado por outro debuxo e por novos versos da autora falecida na véspera do Día das Letras Galegas dese mesmo ano.

Agora, un poema de amor substitúe o que antes era un vello muro cheo de grotescos grafitis. Canda el, un mariñeiro rema cara Vigo tal e como relatan os versos de Kruckenberg. Esta nova creación, recén rematada na mesma Roupeiro, desta vez contra a traseira de García Barbón 37, foi plasmada tamén por MM Puhinger nun dos 14 murais que se están a pintar na edición de 2019 e dos que xa quedan poucos por finalizar.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos