18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

“DepoRúArte” abre a cuarta edición centrada no desenvolvemento sostible

Propón ás mozas e mozos de cinco centros educativos da provincia reflexionar sobre os dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU

20 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
 “DepoRúArte” abrangue sesións formativas e unha sesión práctica na que mozas e mozos plasman as súas ideas sobre os ODS nun graffiti. / Foto: Deputación de Pontevedra “DepoRúArte” abrangue sesións formativas e unha sesión práctica na que mozas e mozos plasman as súas ideas sobre os ODS nun graffiti. / Foto: Deputación de Pontevedra

A iniciativa, anual e programada, da Deputación de Pontevedra dirixida á mocidade da provincia “DepoRúArte” chega á súa cuarta edición centrada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Deste xeito, no CPI Toural de Vilaboa, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chapela en Redondela, IES Monte da Vila no Grove e IES Indalecio Pérez Tizón en Tui, vanse desenvolver sesións teóricas e prácticas nas que se propón á mocidade unha actividade artística e lúdica.

Nesta cuarta edición de “DepoRúArte” a Deputación de Pontevedra ten por obxectivo implicar á mocidade de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato nos ODS, para que sumen propostas encamiñadas á adopción de medidas para poñer fin á probreza, protexer o planeta, loitar contra a desigualdade e asegurar a prosperidade. Deste xeito, a iniciativa propón unha sesión formativa, na que se presenta ao alumnado o proxecto e se abordan os detasete ODS, e outra práctica encamiñada a plasmar nun mural- graffiti as súas reflexións.

Na sesión formativa, que xa se desenvolveu no CPI Toural de Vilaboa e IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, unha pedagoga especializada en escolar, social e xestión cultural presenta ao alumnado o proxecto e configura grupos de traballo para abordar os dezasete ODS entre os que se atopan o fin da pobreza, fame cero, saúde e benestar, educación de calidade, igualdade de xénero, auga limpa e saneamento, enerxía asequible e non contaminante, traballo decente e crecemento económico, industria e innovación, reducaión das desigualdades, cidades e comunidades sostibles, produción e consumo responsables, acción polo clima, vida submarina, vida de ecosistemas terrestres, paz xustiza e institucións sociais e alianzar para lograr os obxectivos.
Trala parte formativa terá lugar a sesión práctica, na que o alumnado vai elaborar o mural-graffiti. Neste eido, as mozas e mozos terán a oportunidade de plasmar as súas reflexións pintando unha superficie coa axuda dun graffiteiro.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos