18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 4pm

A artista viguesa Pilar Alonso recibirá o premio Galega Destacada 2018

O colectivo Diálogos 90 fallou o galardón, que conmemora a efeméride da pasamento da pensadora e escritora Concepción Arenal

06 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Pilar Alonso, fronte o seu mural, en Fragoso. / Foto: Gustavo Rivas Pilar Alonso, fronte o seu mural, en Fragoso. / Foto: Gustavo Rivas

O colectivo Diálogos 90 decidiu outorgar o galardón Galega Destacada 2018 á artista Pilar Alonso, nacida en Vigo en 1972. O Concello coopera e financia un recoñecemento que conmemora a efeméride da pasamento da pensadora e escritora Concepción Arenal e que se celebra este sábado 9 de febreiro.

Os actos comezarán ás 12.30 horas coa tradicional ofrenda floral do Cemiterio de Pereiró e continuarán ás 13,00 horas, xa no Pazo Quiñones de León, onde terá lugar a entrega da distinción.

Pilar Alonso, gran artista viguesa, licenciada en Belas Artes, foi becada como pintora no Paular de Segovia, cursou estudos de postgrado en Frankfurt e ao longo da súa carreira expuxo en numerosas galerías de España e Alemania.

En 2012 publicou o seu primeiro libro de artista en torno á ‘La Diva’ e en 2016 realizou intervencións en murais de Barcelona, en edificios do Grupo Pereira e dentro do proxecto ‘Vigo, cidade de cor’, xa que é a autora da medianeira pintada en Fragoso.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos