16112019Sáb
Última edición: Vie, 15 Nov 2019 6pm

Os institutos de Gondomar e As Neves xa locen os seus murais dedicados ao Guernica e aos incendios

Estos proxectos forman parte do programa da Deputación de Pontevedra "DepoRúarte", que arrancou a súa terceira edición en maio pasado

11 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O mural do IES Auga da Laxe de Gondomar. Abaixo, o do IES Pazo da Mercé das Neves. / Foto: DePo O mural do IES Auga da Laxe de Gondomar. Abaixo, o do IES Pazo da Mercé das Neves. / Foto: DePo

A deputada provincial de Xuventude e Cohesión Social, Digna Rivas, acudiu este martes ao IES Auga da Laxe de Gondomar e ao IES Pazo da Mercé das Neves onde o alumnado participante presentou os novo murais elaborados no marco do proxecto "DepoRúarte. Pintando alternativas" da Deputación de Pontevedra.

En Gondomar, o tema elixido polas e polos estudantes para o mural, realizado en colaboración coa artista Noemí Núñez, foi unha "homenaxe ao Guernica". Nesta iniciativa participaron un total de 14 alumas e alumnos de segundo de bacharelato que cursan a especialidade de artes. Na parede elixida para a realización deste proxecto xa había unha mostra dun "Guernica" cuxo autor é descoñecido, polo que a razón de escoller esta temática foi darlle continuidade á obra preexistente, todo isto en colaboración coa artista Noemí Núñez. Así, e tras as distintas sesións formativas das que consta o programa, foise elaborando o mural.

Pola súa banda, nas Neves o tema elixido para o mural, realizado tamén en colaboración con Noemí Núñez, está centrado nos incendios sufridos en Galicia o ano pasado. Participaron un total de 22 alumnas e alumnos de terceiro da ESO. O mural titulado "Queima da vida, os luns en Galicia" pretende salientar a loita de Galicia e, máis polo miúdo, do pobo das Neves ante os incendios sufridos o pasado 2017. Ademais, este proxecto tamén fai un chamamento para que a inxustiza alí vivida non se esqueza. DuIsggZWoAQCt97

Este proxecto, que forma parte do programa "DepoRúarte", arrancou a súa terceira edición en maio pasado e xa pasou polo IES Barral de Ponteareas, polo IES María Soliño de Cangas, polo IES de Meaño, polo IES Chano Piñeiro de Forcarei, polo IES de Barro, polo CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e polo IES de Poio. Está destinado á mocidade e o obxectivo deste ano é educar na arte urbana á xente máis nova, para que poida diferenciar entre o que é a arte, que está a deixar unha pegada significativa en cidades como Lisboa, Brístol, Lyon ou Nova York, e o que é o vandalismo urbano.

En cada un dos centros mencionados levaranse a cabo varias sesións formativas de debate e reflexión, coordinadas polo equipo de traballo en colaboración coas persoas traballadoras dos centros, co obxectivo de ofrecer ao alumnado participante unha formación básica que dote de recursos para identificar e analizar problemáticas sociais co fin de afondar no papel da arte urbana como ferramenta de cambio.

Posteriormente realízase unha xornada de preparación da superficie a intervir no centro escolar (por parte do equipo de traballo), unha xornada de intervención colaborativa na que as alumnas e alumnos pintan a superficie escollida xunto ao equipo de traballo, e finalmente, o equipo de traballo emprega as xornadas que resulten necesarias para que o mural quede debidamente rematado.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

tecnología

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos