25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 6pm

obituario

Pesar pola morte en Vigo da artista Berta Cáccamo

Participou na edición do pasado ano das “Medianeiras” de Vigo, no que a artista realizou o mural na rúa Segunda República

11 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Berta Cáccamo, no ano 2014. / Foto: cultura.gal Berta Cáccamo, no ano 2014. / Foto: cultura.gal

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou as súas condolencias á familia da pintora Berta Cáccamo, falecida este venres en Vigo aos 55 anos de idade, e expresou o seu pesar pola súa desaparición “tanto a nivel persoal como pola perda que supón para as artes e as plásticas galegas. Perdemos a unha muller insustituible, a unha creadora excepcional que era un orgullo para esta provincia”.

Silva, que mostrou a súa dor como presidenta da institución e tamén no nome de toda a corporación provincial, tamén lembrou a Berta Cáccamo pola súa participación na edición do pasado ano das “Medianeiras” de Vigo, no que a artista realizou o mural na rúa Segunda República, programa do que é responsable a propia Carmela Silva como concelleira na cidade viguesa.

A presidenta provincial recordou os múltiples recoñecementos que Berta Cáccamo obtivo pola súa traxectoria, entre eles o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas que recibiu en 2017, e lembrou así mesmo que a súa obra pode desfrutarse, entre outros espazos, “no propio Museo de Pontevedra”. Silva trasladou o seu agarimo á familia da pintora, filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, e irmá de Xosé María, Alfonso, e Celso Álvarez Cáccamo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos