18062018Lun
Última edición: Dom, 17 Jun 2018 10pm

Dez actuacións musicais en Príncipe para apoiar o MARCO

A agrupación de amigos do museo organiza este venres una sucesión de concertos breves na rúa

10 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Vista desde o interior do MARCO. Vista desde o interior do MARCO.

A Agrupación de Amigos do MARCO (AAM) segue na procura de dar a coñecer a difícil situación que atravesa o museo vigués e, con motivo do décimo quinto aniversario da creación do centro organizou unha serie de actuacións musicais a pé de rúa.

A asociación reuniu a unha decena de músicos e grupos locais que ofrecerán unha sucesión de concertos breves en Príncipe, xunto ao propio museo. As bandas comezarán a tocar ás 18.00 horas fronte a fachada principal do MARCO, para a partir das 20.00 horas desprazarse á planta baixa.

“Este venres 10 de novembro, coincidindo coa fin de semana máis próxima á data do XV Aniversario do MARCO (13 de novembro), a AAM continúa coa súa campaña de apoio ao MARCO como proxecto profesional e independente”, anunciou a asociación.

Paralelamente, instalarán mesas informativas fronte á entrada principal do museo, de 11.30 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas, para informar ao público e recoller sinaturas do Comunicado ‘S.O.S. MARCO de Vigo’.

A relación de grupos implicados no evento e os horarios son os seguintes:
18:00 Su Garrido
18:15 Canta Mañás
18:30 Cinta Adhesiva
19:00 Dous
19:15 Apenino
19:30 Woody
19:45 Yerout MC Huesitxss
20:00 Emilio José
20:15 Juanma Lodo
20:30 Estrambote

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

música

sanidad

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos