26052017Vie
Última edición: Vie, 26 May 2017 8pm

día das letras galegas

O Mercado da Arte volta ao Calvario no Día das Letras Galegas

Haberá dous concertos, un do Modulador de Ondas ( Vigo) e outro do grupo de recoñecemento nacional Diola ( Pontevedra). Para os máis cativos tamén estarán Falabaratas

16 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)

O Mercado do Calvario acollerá, por cuarto ano consecutivo un evento moi especial o 17 de maio, Día das Letras Galegas. O Mercado da Arte, terá lugar entre as 11h e as 22h, un ano máis organizado por "No todo el pescado está vendido". Esta cuarta edición ven cargada de calidade e novidades, combinando exposición artística e venda.

Nesta edición a programación medrou en actividades e colaboradores. Haberá dous concertos, un do Modulador de Ondas (Vigo) e outro do grupo de recoñecemento nacional Diola (Pontevedra). Para os máis cativos tamén estarán Falabaratas.

A pintura en directo tamén terá a súa presencia, cun cadro realizado por artistas locais ó longo da xornada, grazas a Dismac, o cal subastárase ó final do evento como homenaxe o espazo onde se desenrola o Mercado da Arte, a praza de abastos.

Dous muralistas comezarán un proxecto coa idea de seguilo ó longo do tempo nas vindeiras edicións do Mercado da Arte, que consiste en pintar unha das paredes exteriores do mesmo.

Na entrada outro artista de renombre presentará unha performance. E coma sempre presentación de libros de autoedición. non poden faltar.

Unha maneira moi especial de festexar o día das Letras Galegas, xa que a literatura e as letras non só están nos libros, senón na expresión artística de cada ser.

"O Mercado da Arte pouco a pouco estase a converter nun referente cultural nunha cidade con ganas de coñecer e de ensinar. Secundino Lopez Sotelo é a persoa a que está adicada esta edición, polo seu amor e respeto ó mundo, á natureza e os seus seres, unha maneira moi especial de expresarse, tan necesaria no momento que vivimos", afirman os organizadores.

O Mercado da arte nace coa ilusión de mostrar o traballo dos artistas e levar este traballo a pe derúa, achegandoo a un público que doutro xeito non o coñeceria.
Pouco a pouco tamén se vai convertendo nunha cita importante para galeristas onde poden coñecer obras emerxentes.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner reciclaje b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos