26042019Vie
Última edición: Jue, 25 Abr 2019 7pm

arte

Oito horas de paisaxe galega coa viguesa Xisela Franco no Marco

Inaugurada "Interior, exterior, durante", unha película-instalación que mostra un día de contemplación dunha paisaxe costeira galega dende o balcón dunha casa

24 Septiembre 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
No visual, unha fiestra ao exterior feita de imaxes meditativas do ámbito dun destino vacacional xunto ao mar, Baiona e a súa ría, presentado en forma de tríptico. No visual, unha fiestra ao exterior feita de imaxes meditativas do ámbito dun destino vacacional xunto ao mar, Baiona e a súa ría, presentado en forma de tríptico.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco) acolle dende este venres a exposición "Interior, exterior, durante", da viguesa Xisela Franco, unha película-instalación de 8 horas de duración que mostra un día de contemplación dunha paisaxe costeira galega dende o balcón dunha casa.

O proxecto de Xisela Franco foi seleccionado como a proposta gañadora da convocatoria de axudas de produción Artistas 2015, unha iniciativa conxunta da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e o Marco. A convocatoria tiña como obxecto a realización dunha exposición individual como parte da programación do Anexo do Marco en 2016, concretamente o ciclo Problemáticas comisariado por Chus Martínez Domínguez.

Esta convocatoria de apoio á produción enmárcase no proxecto de visibilización Artistas, que a Unidade de Igualdade ven desenvolvendo dende o ano 2011. Unha iniciativa destinada a apoiar ás mulleres que desexan comezar a súa andaina no campo da arte, facilitando a súa incorporación ao espazo artístico profesional, buscando novas redes de difusión, promovendo e dando visibilidade aos seus traballos, dadas as maiores dificultades que teñen respecto aos seus compañeiros. Esta é a primeira ocasión na que o proxecto se concreta en axudas á produción.

A cineasta Xisela Franco (Vigo, 1978) pertence á nova xeración de creadoras que experimentan de xeito libre, diverso e sen prexuízos as metamorfoses do cinema, indagando na intersección cinema-arte contemporánea. Nesta a súa primeira exposición individual, convida ao público do museo a ser espectador de cine, a contemplar o tempo desde a temporalidade propia, a través dunha proxección en tríptico de oito horas de duración, con planos de cámara estática sobre unha paisaxe costeira.

"Interior, exterior, durante" é un proxecto fundamental na busca emprendida por Xisela Franco para situarse nas marxes dos procesos creativos e expositivos que acompañan ao cinema e á arte, a través dunha cuestión tan complexa como é o tratamento e representación do tempo. Unha viaxe emocional e poética a través de interferencias persoais e creativas, que documentan simultaneamente a contorna interior e exterior da artista: modos de estar no mundo, de observalo, documentalo e interpretalo. Tempo, lugar e acción na problemática da vida.

Trátase dunha película-instalación de 8 horas de duración que mostra un día de contemplación dunha paisaxe costeira galega dende o balcón dunha casa. No visual, unha fiestra ao exterior feita de imaxes meditativas do ámbito dun destino vacacional xunto ao mar, Baiona e a súa ría, presentado en forma de tríptico. No son, o off suxire un espazo fóra de campo que humaniza as estampas marítimas con gravacións cotiás do interior do fogar onde un bebé, a filla da autora, evoluciona na súa aprendizaxe cognitiva dende os 0 aos 3 anos. Se no visual se sucede un día completo, no sonoro desprégase un arquivo cronolóxico de momentos da crianza. O íntimo e o interior do fogar rodean a paisaxe exterior. O invisible dá sentido ao visible, e o audio confróntase coa imaxe para abrazala e outorgarlle concreción e sentido.

A película foi realizada expresamente para o Marco e instálase nun espazo-cuarto onde se dispoñen dúas fontes sonoras: unha próxima ao fondo da sala onde se sitúa a ventá, o balcón, que reproduce o son ambiente da paisaxe exterior; e outra máis próxima ao centro do cuarto, que alude ao interior do fogar que acolle e educa a un novo ser.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

fiesta

patrimonio

gastronomía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos