12122019Jue
Última edición: Mié, 11 Dic 2019 9pm

Rutas guiadas pola vila romana de Toralla, o xacemento do Facho e o Castro de Santa Trega

A Deputación de Pontevedra organiza estas actividades complementarias á exposición ‘Galaicos’, que tamén inclúen visitas a Castrolandín e á adega Terras Gauda

18 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O xacemento do Facho de Donón. / Foto: Deputación de Pontevedra O xacemento do Facho de Donón. / Foto: Deputación de Pontevedra

A exposición ‘Galaicos’, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, non só se limitará ó espazo do Museo Provincial, posto que a institución provincial organizará actividades complementarias ao abeiro da mostra, entre as que destaca a realización de tres rutas guiadas a xacementos e lugares de interese situados na provincia.

A primeira delas terá lugar o sábado 14 de decembro e percorrerá o castro de Castrolandín, no concello de Cuntis, a Fundación Terra Termarum Castrolandín e o xacemento da Lanzada. Un dos comisarios de ‘Galaicos’, Rafa Rodríguez, será o encargado de guiar ós participantes a través da historia e das pedras.

Pola súa banda, o sábado 21 de decembro outro grupo coñecerá o xacemento do Facho, en Cangas, e posteriormente visitará a vila romana de Toralla, no concello de Vigo, da man do arqueólogo José Suárez. Finalmente, o sábado 11 de xaneiro, o historiador e arqueólogo Diego Piay acompañará ós participantes da terceira ruta polo Castro de Santa Trega, pertencente ó concello da Guarda, e pola adega Terras Gauda, situada na zona do Rosal.

Para a realización destas visitas guiadas a través da historia e a arqueoloxía pontevedresas e galegas, os grupos serán reducidos, contando cun máximo de 30 persoas. Deste xeito, o prazo de inscrición abrirase o luns 9 de decembro e a matrícula poderá facerse mediante métodos informáticos na web de Turismo Rías Baixas (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.). Amais, admitiranse ata catro persoas inscritas por email.

A exposición ‘Galaicos’ abrangue a historia de Galicia no período comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce (1500-800 antes da nosa era) e o século VI. O seu obxectivo é amosar o nexo de unión entre dous mundos, o Atlántico e o Mediterráneo, a través de máis de 60 obxectos arqueolóxicos, algúns orixinais e outros réplicas, así e información sobre algúns dos xacementos da provincia, entre eles os da Cabeciña, Penalba, A Lanzada, Santa Trega, Monte do Castro, Castro de Alobre e Castrolandín, Monte do Facho, a vila romana de Toralla e Salinas de Vigo ou Adro Vello.

As fotografías e vídeos que se amosan permiten coñecer estes xacementos e valorar a paisaxe arqueolóxica da provincia para amosar os cambios e as continuidades que se producen durante un longo período de tempo de máis de 2.000 anos da historia de Galicia. ‘Galaicos’ chegou ao Museo de Pontevedra o pasado 4 de outubro despois de recibir máis de 32.000 visitas no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid e o Museo da Prehistoria de Valencia.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos