15102019Mar
Última edición: Mar, 15 Oct 2019 3pm

Uns afeccionados á arqueoloxía atopan accidentalmente restos romanos en Ponteareas

Os restos, que confirman a pegada do paso dos romanos pola comarca, foron doados ao museo municipal

23 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(3 votos)
Os restos atopados. / Foto: Concello de Ponteareas Os restos atopados. / Foto: Concello de Ponteareas

O museo municipal de Ponteareas vén de recibir a doazón de diferentes restos arqueolóxicos atopados nas inmediacións do Castro da Croa, en Ribadetea. Uns afeccionados á arqueoloxía atoparon de xeito accidental estes restos logo de que alguén rozara nunha pequena zona do castro.

Así, varios restos de tégulas romanas, un elemento lítico, probablemente un machador e un trozo dun dolium pasan a formar parte da historia de Ponteareas. Estes tesouros poderán ser admirados no noso museo municipal no que tamén podemos atopar restos que evidencian a convivencias das culturas romanas e castrexas.

A influencia dos romanos na vida dos castrexos e castrexas plásmase nos elementos que amosan as vitrinas do museo. Un togado da época galaico-romana, moitas moedas aparecidas que os castrexos empregaban herdadas da cultura romana, vidro e un dolium que transportaba viño e aceite ou os tellados de palla son algúns dos exemplos destas culturas.

O museo municipal de Ponteareas abrirá de novo as súas portas ao público logo de rematar as obras de eficiencia enerxética do edificio da biblioteca-museo e os traballos de reorganización das instalacións para ofrecer á cidadanía un servizo e unha visita máis atractiva.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos