18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 5pm

Redondela organiza unha nova saída nocturna gratuíta aos petróglifos de Ventosela

A ruta, que se desenvolverá na noite do sábado, estará guiada polo arqueólogo Xurxo Constela

24 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Imaxe da última visita aos petróglifos, o pasado 30 de marzo. / Foto: Nuria Navalpotro-A Citania Imaxe da última visita aos petróglifos, o pasado 30 de marzo. / Foto: Nuria Navalpotro-A Citania

O Concello de Redondela organiza para este sábado 27 de abril unha nova saída nocturna polos Petróglifos da Pedreira, na parroquia de Ventosela. A visita é de balde, pero é necesaria inscrición previa no teléfono 600 381 782. A ruta será guiada a cargo do arqueólogo Xurxo Constela.

Trátase dunha nova edición das andainas arqueolóxicas nocturnas que promove o consistorio, que xa se desenvolveron hai un mes con grande éxito, xa que a inscrición tivo que pecharse en poucas horas ao completarse rapidamente o número de prazas dispoñibles, que é limitado (25 para este sábado) polas características da visita. A organización facilitará a hora de saída e o punto de encontro no momento de anotarse.

Estas actividades continuarán nos vindeiros meses cunha ruta nocturna (25 de maio) e outra diúrna (28 de xullo) aos Petróglifos de Penide/Mirallo e unha andaina diúrna ao Monte Buxei (30 de xuño).

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

mar

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos