22072019Lun
Última edición: Dom, 21 Jul 2019 2pm

A Guarda organiza por Semana Santa unha visita guiada gratuíta ás Salinas do Seixal

A iniciativa, que se desenvolverá o sábado 20 de abril, permitirá ver como avanza a restauración e consolidación do xacemento

15 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Traballos nas salinas. / Foto: Concello de A Guarda Traballos nas salinas. / Foto: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda organiza unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal, enmarcadas no proxecto ‘A Guarda, Mar de Sal’, para este sábado 20 de abril. Na actualidade este proxecto atópase na fase de restauración e consolidación definitiva, o que permite xa apreciar as súas estruturas.

Esta visita guiada, que conta coa coordinación da Asociación Naturalista Baixo Miño (Anabam), realizarase de xeito gratuíto o sábado 20 de abril con saída ás 10:45 horas dende o Porto da Guarda, cun percorrido aproximado de dúas horas empregando a senda litoral.

Tamén nestes intres se levan adiante outras iniciativas como a musealización do xacemento e se publicarán os resultados das investigacións iniciadas o ano pasado.

‘A Guarda, Mar de Sal’ é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de Brais Currás.

O obxectivo é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un  medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto ‘Mar de Sal’ fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74.500 euros, repartidos en dúas anualidades (2018 e 2019).

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos