19112017Dom
Última edición: Dom, 19 Nov 2017 12pm

Visitas gratuítas coa Asociación Costa dos Castros ás xoias arqueolóxicas de Oia

Desenvolveranse actividades na Cabeciña, Auga dos Cebros e o Arrabal

11 Julio 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
As visitas, organizadas por Costa dos Castros coa colaboración do Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra, teñen carácter gratuíto. As visitas, organizadas por Costa dos Castros coa colaboración do Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra, teñen carácter gratuíto.

A Asociación Costa dos Castros comeza este venres a tempada de visitas guiadas gratuítas, que organiza co obxectivo de dar a coñecer os principais atractivos do patrimonio de Oia e, ao mesmo tempo, fomentar o turismo cultural na zona.

A programación de verán empezará o venres 14 de xullo cunha visita á Cabeciña ás 12.00 horas e outra nocturna, ás 22.30 horas. Trátase de dúas propostas complementarias, pois os contidos do percorrido diúrno son diferentes aos da noite.

As visitas guiadas desenvolveranse ata o 15 de setembro e permitirán coñecer diversos enclaves arqueolóxicos e de valor histórico do municipio de Oia. A partir do 14 de xullo, os xoves e os venres ás 12.00 horas haberá itinerarios guiados no castro e petróglifos da Cabeciña, mentres que os sábados e domingos, tamén ás 12.00 horas, a ruta será polo barrio do Arrabal, nas proximidades do Mosteiro de Oia.

Visitas nocturnas, previa inscrición
Como complemento a estas actividades diúrnas, nas noites dos venres haberá visitas guiadas aos petróglifos da Cabeciña, mentres que os sábados pola noite a proposta consistirá en descubrir os gravados de Auga dos Cebros á luz das lanternas. Estas saídas nocturnas serán ás 22.30 horas.

As visitas, organizadas por Costa dos Castros coa colaboración do Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra, teñen carácter gratuíto. No caso das nocturnas as prazas son limitadas, polo que cómpre facer a reserva no número de teléfono 689.35.57.13 ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Para as que se desenvolven durante o día non é necesario inscribirse.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

  • Un Parque Nacional único no mundo
    Un Parque Nacional único no mundo Falar do Parque Nacional das Illas Atlánticas é falar de natureza en estado puro. A súa riqueza, tanto no que se refire á súa fauna como á súa vexetación, xunto coa espectacularidade da súa paisaxe o converten nunha das xoias…
    Leer más...

incendios forestales

recogida alimentos 2017

visita "real"

sequía: vídeo

  • Así está Eiras
    Un nuevo vídeo tomado el pasado domingo, 12 de noviembre, por Beto García con un dron muestra la preocupante situación en la que se encuentra la presa de Eiras.
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos