21092017Jue
Última edición: Jue, 21 Sep 2017 10pm

arqueoloxía

A escavación arqueolóxica da Lanzada pecha tras recuperar 5.000 pezas e 17 esqueletos

Carmela Silva subliña que “o traballo arqueolóxico desenvolvido pon de manifesto que xa 600 anos antes da chegada dos romanos se realizaban intercambios comerciais de envergadura desde esta zona do Salnés. Xa por entón eramos unha civilización avanzada”

16 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, o deputado delegado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, o Presidente da Comunidade de Montes de Noalla, Roberto Garrido, e o arqueólogo, Rafael Rodríguez, fixo balance esta mañá da intervención arqueolóxica. / Foto: Deputación A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, o deputado delegado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, o Presidente da Comunidade de Montes de Noalla, Roberto Garrido, e o arqueólogo, Rafael Rodríguez, fixo balance esta mañá da intervención arqueolóxica. / Foto: Deputación

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, o deputado delegado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, o presidente da Comunidade de Montes de Noalla, Roberto Garrido, e o arqueólogo, Rafael Rodríguez, fixo balance este xoves da intervención arqueolóxica acometida pola institución provincial na Lanzada e na que se atoparon máis de 15.000 pezas e 17 esqueletos, 14 deles infantís.

Carmela Silva puxo en valor a importancia deste xacemento que “nos permite confirmar que as nosas antepasadas e antepasados eran poboados moi desenvolvidos, que xa 600 antes da chegada da civilización romana tiñan a capacidade de realizar intercambios comerciais con lugares como Italia, Tunisia ou Palestina”.

Para a presidenta da Deputación de Pontevedra este lugar trátase “dun espazo fundamental para coñecer o mundo da Idade de Ferro non noroeste peninsular e o tránsito da Galicia galaica á Idade Media”. Tamén subliñou Silva que o xacemento pon de manifesto a importancia das relacións comerciais que se establecían desde a Lanzada e que conectaban, desde 600 anos antes da chegada da civilización romana, esta zona con puntos do Mediterráneo Oriental.

Outra das novidades do Campo da Lanzada é que neste espazo “atopamos a primeira factoría de salgados do noroeste peninsular, unha factoría de orixe prerromana cando ata o momento se pensaba que todas tiñan unha orixe romana”. Ao respecto, o arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, destacou que “mentres o habitual neste tipo de industrias era contar con entre 8 ou 10 depósitos, na Lanzada apareceron ata 29 piletas destinadas á fabricación de salsas e á conservación de alimentos”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que unha vez pechada a intervención arqueolóxica queda pendente o proxecto de musealización, que levará a cabo o Ministerio de Fomento, e outras actividades para a divulgación educativa, científica e turística do xacemento. En concreto, Silva referiuse a achegar o Campo da Lanzada aos escolares da provincia así como aos centros de investigación cultural e promover turisticamente este espazo tendo en conta que as persoas que visitan Rías Baixas veñen motivadas principalmente pola cultura.

O arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, destacou que durante os seis meses de traballo na Lanzada puidéronse esclarecer os diferentes niveis de ocupación do Campo da Lanzada. O máis antigo atopado correspóndese co século II A.C. e trátase dunha estrutura absidial, un muro e piletas vinculadas á factoría de salgados, aínda que hai vestixios de cabanas de madeira que poderían ser de ata o século VI A.C. Tamén se acharon outras estruturas do século I A.C. e I D.C., un gran vertedoiro do século II D.C., unha grande estrutura rectangular de entre o II e V D.C. (probablemente relacionada cos esqueletos de adultos achados) ata os restos dun posible “secadeiro” de peixe (que podería datarse na Idade Media) ou un tanque para a cristalización de sal (romano ou medieval).

Con respecto aos achados, Rodríguez destacou aos esqueletos que foron aparecendo no Campo da Lanzada, desde un can (de entre o século XVII ata o XX), ata o de Cornelia (s. V) e os outros dous adultos atopados, que supuxeron unha grande novidade porque non se contaba con que a necrópole da Lanzada chegase ata esta área de intervención e porque é probable que debido ao ritual de inhumación, en caixa, se traten de cristiáns primitivos.

O arqueólogo da Deputación de Pontevedra resaltou tamén os esqueletos dos 13 nenos menores dun ano e doutro menor de 2 anos datados entre os séculos I D.C. e II D.C. O achado dos esqueletos infantís é, para Rodríguez, especialmente significativo xa que ata o momento non se atoparon en Galicia este tipo de enterramentos.

Na actualidade, o equipo de arqueoloxía da institución provincial está xa a estudar as pezas no laboratorio, clasificando os restos para poder establecer conclusións. En concreto, extraéronse máis de 15.000 pezas no Campo da Lanzada entre as que destaca o gran volume de “terra sigillata” ( cerámica de luxo romana, nas cales é posible ver grafittis con nomes romanos), 25 moedas pertencentes aos séculos I-IV D.C., obxectos feitos con óso (peines e elementos decorativos) e 358 metais entre os que destaca unha espada de 33 centímetros que probablemente é Mediterránea, quizais chipriota, e pertence a unha época entre os séculos VIII e IVA.C.

Outras achados singulares e non documentados ata o de agora son as mostras de ata 16 alcas xigantes ou un gran número de cetáceos como as baleas que, para o arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, supón que probablemente na Idade de Ferro xa estaba organizada a caza da balea.

Os traballos no Campo da Lanzada comezaron o 20 de xullo de 2016 e foron executados por un equipo de máis de 20 especialistas en arqueoloxía. A Presidenta da Deputación agradeceu o esforzo que estas persoas levaron a cabo así como a implicación da Comunidade de Montes de Noalla, presidida por Roberto Garrido, que permitiron que a institución provincial puidese intervir neste espazo da súa propiedade, triplicando a área visitable ata os 1.800 metros cadrados. Neste mesmo aspecto incidiu o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, quen destacou a colaboración da Comunidade de Montes de Noalla e o esforzo do equipo de arqueoloxía da institución provincial. Tamén aproveitou a ocasión Pita para agradecer a vontade, compromiso e aposta da Deputación de Pontevedra polo xacemento arqueolóxico da Lanzada e incidiu noutras actuacións que a institución provincial está a implantar no concello.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

movilidad

incendio

sanidade

  • Retoños
    Retoños Es una estampa habitual en la ría de Vigo. Las singulares condiciones meteorológicas, con una bonanza que se repite en gran parte del calendario, propician todo tipo de deportes náuticos, sobre todo la práctica de la vela.
    Leer más...

viajes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos