• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 30 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    Investigadores da UVigo e USC avisan de que a única solución para a pandemia en Europa pasa por “un confinamento real durante 15 días”

    Iván Area e Juan José Nieto, que traballan no desenvolvemento de modelos matemáticos de predición en relación coa Covid-19, destacan a importancia de tomar medidas globais
    Redacción por Redacción
    10 de Nov, 2020
    en Covid-19
    0
    Investigadores da UVigo e USC avisan de que a única solución para a pandemia en Europa pasa por “un confinamento real durante 15 días”

    A rúa Venezuela de Vigo, no mes de marzo.

    O importantísimo número de falecementos e a saturación dos hospitais, en particular da unidades de coidados intensivos (UCI), son dúas das principais consecuencias e preocupacións da Covid-19. Co obxectivo de contribuír desde o coñecemento científico á abordaxe destas dúas problemáticas, Iván Area, do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo, e Juan José Nieto, do Instituto de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, veñen desenvolvendo desde o inicio desta crise sanitaria diversos modelos matemáticos de predición, tanto da evolución de afectados como das necesidades de camas UCI. Ante os datos actuais e os escenarios que se albiscan, estes investigadores apuntan como na súa opinión a “única saída posible é un confinamento real en Europa durante 15 días”.

    O traballo desenvolvido por Iván Area e Juan José Nieto consta en dúas partes diferenciadas. Primeiro, nos meses de xaneiro e febreiro de 2020, indican, “deseñamos un modelo matemático que nos permitise predicir o avance da pandemia”. O modelo, explican, está baseado en considerar á poboación dividida en distintos compartimentos: persoas susceptibles, infectadas, recuperadas, asintomáticas, superpropagadoras, hospitalizadas, recuperadas e falecidas. “Despois de estudar como son as transicións entre as distintas poboacións realizouse a necesaria análise matemática do modelo proposto e as correspondentes simulacións numéricas que axustaban con bastante precisión os datos que ían chegando desde China”, sinalan os investigadores.

    A aplicación destes parámetros, detallan, permitiulles “predicir o día 4 de marzo, cando se detectou o primeiro caso en Galicia, que o maior número de novas persoas infectadas íase a producir o día 5 de abril, coincidindo coa data inicialmente prevista para as eleccións galegas”. Ese mesmo día 4 de marzo, lembran, “informamos a todos os partidos políticos con representación parlamentaria no Parlamento de Galicia, da necesidade de aprazar as eleccións galegas, como finalmente houbo que facer”.

    O segundo nivel de análise dos investigadores da UVigo e USC céntrase en, unha vez se ten unha estimación de como vai ir evolucionando o número de novas persoas infectadas, estimar cantas persoas van a necesitar asistencia en coidados intensivos. “Isto é fundamental porque son recursos altamente especializados para os que é necesario previsión e anticipación”, comentan. Neste senso, Area e Nieto subliñan sobre esta problemática como “non se trata unicamente de construír un edificio, dentro ten que haber equipamento, pero, sobre todo, ten que haber persoas formadas nun campo tan complexo como os coidados intensivos, nun número que de entrada é incerto, pero coas previsións ás que nos referimos pódese estimar con algo máis de tempo que a pura improvisación. Cando temos que improvisar, improvisemos, pero cando podemos planificar, planifiquemos”. O modelo resultante, no que tamén participaron investigadores do Sergas, foi publicado recentemente na revista Alexandria Engineering Journal baixo o título Determination in Galicia of the required beds at intensive care units.

    Entre outros datos, estas ferramentas de predición empregan para os seus cálculos as cifras actualizadas da pandemia. Neste senso, na actualidade, explican Iván Area e Juan José Nieto Roig, a data 1 de novembro de 2020 segundo a Organización Mundial da Saúde houbo máis de 45 millóns casos confirmados no mundo e 1.189.945 mortes provocadas pola covid-19. “É dicir, arredor do 2,6% das persoas infectadas acaban falecendo. Por suposto nestas estatísticas non se teñen en conta as consecuencias nas persoas que sobreviviron, moitas delas aínda descoñecidas”, afirman. A semana pasada, engaden os investigadores, houbo un incremento dun 16% de novos casos e un 8% de persoas falecidas e a nivel de España declaráronse ata a data 1.185.678 casos e 35.878 falecementos, polo que un 3% das persoas infectadas en España faleceron, “cifra que é lixeiramente superior á porcentaxe mundial”.

    Fronte a estes datos Iván Area e Juan José Nieto Roig salientan como “é importante recalcar unha vez máis a necesidade para a ciencia de dispor de datos fiables e robustos. A día de hoxe é difícil dispor de datos comparables entre distintos territorios e/ou estados, o que dificulta a análise da evolución da pandemia”. Neste senso, advirten ademais que “non é entendible desde o punto de vista científico que se queira, por exemplo, reducir o número de persoas infectadas simplemente facendo menos test PCR ou obviando as imprescindibles tarefas de rastrexo”.

    Tendo en conta as cifras actuais e as predicións que se albiscan, Iván Area e Juan José Nieto destacan como “non é evidente as medidas a adoptar, pero cada vez parece máis claro que a toma de decisións locais non produce máis que unha melloría nun breve espazo de tempo sendo necesario decisións globais ou en territorios moito máis amplos que o que se estivo facendo ata a actualidade”.

    Neste sentido, advirten, “estamos vendo como se están facendo confinamentos con distintas intensidades a nivel local, provincial, de comunidades autónomas ou de estados. O escaso sentido común dalgunhas persoas lévanos a pensar que a única saída posible é un confinamento real en Europa durante 15 días, con posteriores corentenas estritas para persoas que entren”. En maio, lembran, “xa se advertiu de que a segunda onda sería moito máis devastadora que a primeira pero parece que se trata unicamente de discursos que calan en determinados grupos de científicos, pero non chegan ás persoas que teñen que tomar decisións. Poderiamos empezar a falar xa da terceira onda”. Neste contexto, sinalan os investigadores, “sempre é mellor afrontar con decisión, tanto por parte das persoas gobernantes como da cidadanía, as situacións difíciles”.

    Sobre a denominada inmunidade de rabaño, os matemáticos apuntan como “nos nosos modelos iniciais non contemplamos a posibilidade de reinfección. Desde hai xa algún tempo tense visto que é posible que una mesma persoa contraia máis dunha vez a enfermidade. Posto que non todos os casos (dunha infección ou de máis) foron diagnosticados non é posible ter unha cuantificación de cantas persoas se teñen reinfectado. Por este motivo debemos ser moi cautos á hora de falar deste tipo de solucións e utilizar como criterios a maximización das medidas hixiénicas, a minimización dos contactos e, sobre todo, o respecto ás demais persoas pois calquera de nós pode ser grupo de risco, aínda sen sabelo”.

    43

    Tags: confinamientocoronavirusCovid-19Universidade de SantiagoUVigo

    RelacionadosArtículos

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un nuevo punto de encuentro llamado Apex
    Más Vigo

    Un nuevo punto de encuentro llamado Apex

    La ciudad de Vigo es lo suficientemente grande como para tener más de un centro. Además del tradicional casco histórico...

    por Julio Alonso
    29 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Marta Estévez acerca ‘La tercera orilla’ a Vigo
    Libros

    El secreto de la generación de los 70 que hoy sale a la luz en el Casco Vello

    La literatura gallega contemporánea vuelve a poner el foco en la memoria y el paisaje como ejes vertebradores de nuestra...

    por Redacción
    29 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR