• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación de Pontevedra lanza a liña para achegar o 1% do seu orzamento aos afectados pola pandemia

    O organismo provincial aprobará en menos dunha semana un suplemento de crédito de máis de 1,6 millóns de euros que se achegará aos concellos para que xestionen as axudas
    Redacción por Redacción
    05 de Feb, 2021
    en Covid-19
    0
    A Deputación de Pontevedra lanza a liña para achegar o 1% do seu orzamento aos afectados pola pandemia

    Unha protesta da hostelería en Vigo. / Foto: Sonia Daponte

    A Deputación de Pontevedra lanzará en menos dunha semana a liña para achegar o 1% do seu orzamento aos sectores afectados pola pandemia. Así o anunciou este venres a presidenta, Carmela Silva, quen informou que o organismo provincial “ten xa todo preparado”. Silva sostivo que “nós si cumprimos cos nosos compromisos” e adiantou que o 12 de febreiro aprobarase nun pleno extraordinario o suplemento de crédito para destinar o 1% do orzamento, 1.640.000 euros, aos concellos para que xestionen as axudas que serán directas e finalistas para os sectores afectados. En total, sumando estes 1,6 millóns e os 6 millóns que a Deputación xa habilitara a través da liña 1 do Plan Concellos, os municipios teñen a súa disposición máis de 7,6 millóns de euros para apoiar aos sectores que se viron obrigados a pechar ou afectados polas restricións impostas pola Xunta de Galicia.

    O novo programa de axudas da Deputación de Pontevedra “atende a criterios obxectivos, é áxil e tamén coherente, dando resposta inmediata aos compromisos adquiridos”. “Pediamos o 1% do orzamento e que os recursos fosen xestionados dende os concellos -asegurou Carmela Silva- e isto é o que imos aprobar este próximo venres”. Amais, os recursos van chegar “de xeito inmediato porque temos xa establecido o reparto, que atende ao criterio de poboación”. Neste mesmo eido a presidenta informou que “ao día seguinte ao da publicación deste suplemento de crédito os concellos poderán xa solicitar os recursos e, para axilizar aínda máis o proceso, a Deputación adiantará as contías, achegándoas trala simple presentación da solicitude de cada concello e sen agardar á xustificación”. Amais, engadiu a presidenta, “no caso de que algún concello decida complementar esta axuda directa e finalista aos sectores afectados con recursos do 20% da liña 1, tamén adiantaremos esas contías de xeito inmediato”.

    Carmela Silva aproveitou a ocasión para recordar que as competencias en actividades económicas “son exclusivísimas da Xunta de Galicia que é a que ten que habilitar os recursos”. A presidenta insistiu en que a Xunta recibiu 224 millóns de euros no 2020 do Goberno do Estado aos que se sumarán outros 441 que recibirá neste 2021: “Onde están eses recursos? A que se van destinar?, preguntou A Xunta ten capacidade sobrada para crear un verdadeiro plan de rescate para os sectores afectados pola pandemia”. Sen embargo, “en oito meses, dende que se declarou o Estado de Alarma en marzo e ata novembro, a Xunta de Galicia non fixo nada” lamentou, ao tempo que recordou as 7 cartas remitidas dende a institución provincial á administración autonómica para reclamar unha reunión e facer fronte á situación. “Debería avergoñar á Xunta o feito de obrigar ao Clúster de Turismo a convocar ás administracións para falar dun plan de rescate” asegurou a presidenta quen tamén destacou a vontade do mundo local de aportar en todo momento o 1% dos recursos “pese a non ter competencias nin recibir recursos extraordinarios”. 

    Silva recordou que o acordo entre a Xunta, a Fegamp e as deputacións provinciais non foi posible porque “a Xunta se negou a aportar o 1% do seu orzamento e a que fosen os concellos os que xestionasen estas axudas, como así acontece co modelo Valencia que tanto defenden”. Con respecto a este modelo, Silva detallou que conta cun orzamento de 380 millóns de euros dos que só 160 son acordados entre a Generalitat, as deputacións e os concellos, mentres que os 220 restantes os achega directamente a Generalitat.  “Nós defendemos este modelo, un modelo que en Galicia, por poboación, tería que contar con 250 millóns”.  Fronte a esta contía, e atendendo á información que deron a coñecer as delegadas e os delegados da Xunta de Galicia nas provincias, a aportación da administración autonómica suma “38 millóns de euros e non os 80 millóns dos que falan. Menten. Amais, os 75 millóns de € que vai aportar agora non foi decisión da Xunta, foi produto da presión das deputacións provinciais e da Fegamp”, rematou.

    43

    Tags: coronavirusCovid-19Deputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    Local

    Caballero sigue reclamando fondos para reformar Balaídos pero «no ha enviado ni un papel»

    04 de Feb, 2026
    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros
    Comarcas

    La reurbanización del centro de Arcade ya tiene quien la aborde por un millón de euros

    03 de Feb, 2026
    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR