O Concello de Nigrán organiza esta Semana Santa dúas rutas por Panxón e A Ramallosa con guía oficial e de carácter gratuíto. A primeira será o sábado 26 de marzo ás 11.30 horas dende a ponte románica de A Ramallosa polo estuario da Foz e o Pazo Pías. O segundo terá lugar o domingo 27 ás 11.30 horas dende o porto de Panxón (fronte ao Náutico) ata o Templo Votivo do Mar.