Segundo informou o 112, por razóns que se descoñecen, a máquina desprendeuse, esvarou e golpeou a varios vehículos que estaban estacionados. Para tratar de evitar males maiores, o operario que manexaba o camión saltou e foi, precisamente, a caída a que lle provocou feridas de diversa consideración.
Ocorreu arredor das 16:30 horas deste venres en Nigrán, na Rúa Montealto. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para pedir axuda e, a partir de aí, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia enviaron aviso aos servizos sanitarios de urxencia e ás forzas da orde.