A obra complementa á actuación levada a cabo neste verán nas dúas marxes deste vial entre Gondomar e A Ramallosa, coa que se sinalizou unha zona diferenciada para circulación mais segura dos peóns.
As obras, executadas pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), consistiron na execución dunha senda para uso peonil que rodea a glorieta existente no punto quilométrico 19+540 da estrada PO-340, baixo o viaduto da autopista AG-57, no Concello de Nigrán.
A senda executouse en paralelo á beiravía existente, cruzando a nivel os ramais sentido Baiona da autoestrada. Conta cun ancho libre de 2 metros, e cun pavimento de formigón de cor area.Sobre a senda instalouse unha barreira metálica de protección para separación da beiravía e unha varanda de protección no lado exterior, nos treitos que resultaba necesario.