O secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra, David Regades, asegurou este venres que os socialistas da comarca de Vigo encaran as eleccións municipais «coa maquinaria engraxada e funcionando “a toda máquina”.
Na reunión mantida en Nigrán, o partido reclamoulle a Feijóo que elimine as peaxes da Autovía do Val Miñor. “O presidente da Xunta non fai máis que laiarse sobre o traspaso da AP-9 mentras naquelas infraestruturas que xestiona el non toma medida ningunha en prol dos cidadáns”, exclamou Regades durante o encontro.
Acompañado dos alcaldes de Gondomar, Francisco Ferreira, e Nigrán, Juan González, o secretario xeral quixo resaltar tamén a importancia da comarca viguesa para as e os socialistas. “Despois das próximas eleccións imos tinguir a comarca enteira de vermello socialista”, asegurou.
Regades sinalou tamén a importancia das mulleres no PSdeG e puxo como exemplo o caso de Redondela, concello da comarca onde haberá primarias entre dúas compañeiras, Digna Rivas e Olga Rodríguez. “Redondela terá en maio do próximo ano unha alcaldesa socialista, non teño dúbida”, dixo.