O presentador do evento será DJ Kokito, que estará acompañado polo monologuista Pablo Chichas, e o grupo Alféizar será o encargado de pór o broche final a unha noite de troula. Tanto Kokito como Chichas formarán parte do xurado, integrado ademais pola concelleira de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade, Ana Pérez, o concelleiro de Deportes e Educación, José Luis Sanromán, e membros de asociacións de Nigrán que non participan no desfile.
As comparsas participantes sairán na seguinte orde: Club airexa, Baíña sorríe, Furancho macanudos, Vén a xogar connosco, Os terribles de Tebra, Casi minions, Voltamos, Panatropa do cruseiro, Gnomo amoles e baila e Habelas,hainas.
Entre as gañadoras repartiranse un total de oito premios entre os participantes. A agrupación gañadora recibirá 600 euros, o segundo premio será de 500 euros, o terceiro de 400, o cuarto de 350 euros, o quinto, serán 300 euros, o sexto 250, o séptimo 200, o oitavo 150 e o noveno 100 euros.