O obxectivo é dar resposta a demanda real da veciñanza, xa que no ano 2015 ofertáronse 80 prazas para nenos entre os 4 e 12 anos pero as solicitudes foron moitas máis. Por este motivo, nesta ocasión auméntase un 30% as plazas (serán 120 en total) e se engaden os nenos a partir de tres anos. A maiores, e tamén como novidade, crease un campamento xuvenil con 40 prazas destinado a adolescentes entre 12 e 16 anos.
«Aumentamos a franxa de idade e as prazas porque somos conscientes da dificultade das familias para conciliar a vida laboral e familiar no periodo estival», indica o alcalde, Juan González.
O ‘Campamento infantil verán 2016’ desenvolverase no CPI Panxón dende o 27 de xuño ao 29 de xullo, de luns a venres cun horario de 7:45 horas a 15:15 horas. A tarifa xeral será de 85 euros e 75 para o horario reducido.
Por outra banda, o ‘Campamento xuvenil verán 2016’ será no Auditorio Municipal dende o 4 de xullo ao 29 de xullo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. A tarifa xeral será de 75 euros.
En ámbolos casos establécese a posibilidade de bonificar nun 75% os prezos públicos para as familias que se atopen nunha situación de necesidade ou dificultade económico-financieira. Esto suporía rebaixar o custe ata os 21,25 euros (18,75 se é horario reducido ou campamento xuvenil).
O Concello de Nigrán organiza dende 2011 o campamento de verán e dende 2013 ludoteca no periodo de Nadal. O obxectivo é facilitar actividades lúdico-educativas fora do calendario escolar para proporcionar ás familias nigranenses un recurso para a conciliación da vida laboral e familiar.