• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 24 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Nigrán aproba o proxecto para converter as casas dos mestres nun centro para maiores

    O investimento, de 110.064 euros, permitirá transformar esta edificación nun local social cun uso polivalente, xa que contará cun espazo para a convivencia, outro de consulta de internet ou prensa e un aula para reunións ou recibir clases
    Redacción por Redacción
    18 de Feb, 2020
    en Nigrán
    0
    Nigrán aproba o proxecto para converter as casas dos mestres nun centro para maiores

    O alcalde, Juan González, entrando no inmoble. / Foto: Concello de Nigrán

    O Concello de Nigrán vén de aprobar o proxecto de reforma das antigas casas dos mestres situadas ao carón da casa consistorial para reconvertelas nun local social a disposición da xente maior. O investimento de 110.064 euros será incluído no Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

    O Goberno local tomou a decisión de transformar este inmoble municipal en desuso despois de que un nutrido grupo de mulleres trasladase o ano pasado ao alcalde, Juan González, a súa demanda de máis servizos destinados aos maiores no propio centro urbano. Tras manter diversos encontros co rexedor e co arquitecto redactor o proxecto contempla as súas principais peticións: dispor dun lugar adaptado e confortable destinado á convivencia e onde, ao mesmo tempo, poidan manter reunións, consultar a prensa ou internet e realizar actividades.

    Paralelamente, esta mellora das antigas casas dos mestres suporá para o Concello continuar avanzando cara a humanización completa de toda a contorna, onde xa creou un itinerario peonil seguro pensando especialmente nos alumnos do CEIP Humberto Juanes. «Queremos que todo o centro de Nigrán sexa un lugar de encontro da veciñanza e camiñamos neste sentido, neste núcleo dispomos da Praza do Concello como lugar de convivencia e agora sumamos este local que, ademais, está ao carón dun centro educativo, sendo dous usos que nos gusta especialmente que convivan preto un doutro», sinala González.

    Así, o volume orixinal do edificio non se modificará, tan só se mellorarán os acabados renovando a cuberta e limpando as fachadas, polo que a súa relación coa contorna non variará. O obxectivo paralelo desta reforma é por en valor o andar orixinal, moi desvirtuada por sucesivas reformas e que volverá a responder á tipoloxía de ‘Casas dos mestres’ dispersas por toda a comarca do Val Miñor. Isto último implica demoler a totalidade da tabiquería interior para crear espazos diáfanos (o esquema que sempre se repite nestas construcións é un único volume de andar baixo con aulario pegado á vivenda e, usualmente e como é o caso, articulado por un patio de acceso). A nova tabiquería contará con acabados en madeira, carpinterías e mobiliario facilmente desmontable.

    A parte norte do edificio contará con aseos adaptados e unha sala de reunións, mantendo os ocos na fachada para conservar esa iluminación natural. A parte sur servirá para un uso máis polivalente, cun espazo visualmente aberto que disporá de mesas, zona de consulta de prensa ou internet e ou de descanso informal con sofás. O proxecto contempla recuperar o patio interior cuberto como zona de acceso e comunicación entre ambos lados e, ademais, porá en valor a estrutura de vigas de formigón orixinal limpando os seus revestimentos para deixalas á vista no interior (o resto dos acabados serán en branco agás os servizos, que se revestirán con panelados en madeira de carballo).

    «As persoas maiores de Nigrán reclamaban un espazo no centro onde poder socializar e autoxestionarse e, tanto eles coma o goberno de Nigrán, consideramos este lugar como o máis axeitado: é céntrico, permite usos polivalentes e cumpre con todos os requirimentos que nos fixeron. Estamos moi orgullosos de seguir con este proxecto cara a humanización completa da contorna do concello», finaliza o alcalde.

    O goberno de Nigrán inclúe no Plan Concellos 2020 un total de 773.305 euros de investimento para actuacións como esta e a instalación de saneamento e abastecemento na Carrasca por 138.344 euros; a restauración e posta en valor de 7 lavadoiros de Camos, Parada, Priegue e Panxón por 129.000 euros; saneamento e reposición de firme na rúa Carreiro (Panxón) cun orzamento base de 90.547 euros e de 51.084 euros na Carousa (Camos) e máis saneamentos.

    43

    Tags: Casas dos MestresNigrán

    RelacionadosArtículos

    El nuevo parque deportivo inclusivo de Porto do Molle recibe las primeras visitas de arquitectos y colectivos
    Nigrán

    El nuevo parque deportivo inclusivo de Porto do Molle recibe las primeras visitas de arquitectos y colectivos

    29 de Oct, 2025
    Condenados a cárcel los cuatro acusados de robar un altavoz, un proyector, chucherías y embutidos de un campo de fútbol 
    Nigrán

    Condenados a cárcel los cuatro acusados de robar un altavoz, un proyector, chucherías y embutidos de un campo de fútbol 

    22 de Oct, 2025
    Hasta 30.000 euros en premios para el mejor diseño del nuevo ‘macrocomplejo’ deportivo del área de Vigo
    Nigrán

    Hasta 30.000 euros en premios para el mejor diseño del nuevo ‘macrocomplejo’ deportivo del área de Vigo

    13 de Oct, 2025
    Archivada la causa contra un edil del PSOE de Cangas investigado por usurpación de estado civil en una baja de vado
    Nigrán

    Unos caseros aceptan penas menores de prisión tras intentar echar a unos inquilinos con disparos al aire

    09 de Oct, 2025
    Nigrán destinará 4,5 millones de euros para crear un nuevo espacio deportivo inclusivo
    Nigrán

    Nigrán destinará 4,5 millones de euros para crear un nuevo espacio deportivo inclusivo

    27 de Sep, 2025
    Nigrán te lleva (gratis) a descubrir una de las rutas más mágicas del norte de Portugal
    Nigrán

    Nigrán te lleva (gratis) a descubrir una de las rutas más mágicas del norte de Portugal

    25 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 1

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    por Redacción
    20 de Nov, 2025
    0

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    El barrio de Coia ya proyecta 13 nuevas viviendas (dos dúplex y terraza privada) con el visto bueno de Urbanismo

    El barrio de Coia ya proyecta 13 nuevas viviendas (dos dúplex y terraza privada) con el visto bueno de Urbanismo

    por Redacción
    19 de Nov, 2025
    0

    Y tras el vallado (otra vez) del Paseo de Alfonso, ya es real el derribo del legendario Casa Roucos

    Y tras el vallado (otra vez) del Paseo de Alfonso, ya es real el derribo del legendario Casa Roucos

    por María Alonso
    21 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un Romancero Gitano de García Lorca en Vigo
    Más Vigo

    Un Romancero Gitano de García Lorca en Vigo

    En el año 2022, el entonces estudiante universitario Iago Rodríguez Lago estaba realizando prácticas en la biblioteca del Centro Recreativo...

    por Julio Alonso
    22 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo
    Libros

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo

    El pasado viernes 21 tuvo lugar en Vigo la presentación de Necrocromo, el último libro de Carlos Segovia, escritor, pianista...

    por Gabriel Romero de Ávila
    23 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR