O festivo local arrancará cun concerto da Agrupación Musical de Vincios ás 10:30 horas na Praza do Concello. A partir das 12.00, na praza do Ceán, haberá misa e concerto posterior a cargo tamén da Agrupación Musical de Vincios. Xa ás 14.00 horas está prevista unha gran tirada de fogos a cargo de Argimiro Alborés. As actividades festeiras continúan pola tarde a partir das 18.30 horas coas pandereteiras A Camoesa e Pandereteiras da Asociación de Veciños de Panxón. Xa pola noite, a verbena a partir das 21,30 horas correrá a cargo das orquestras D´Lider e o grupo Magical.