Un particular foi quen alertou ao CAE 112 Galicia ao fío das 8:30 horas da mañá. De seguido, informouse a Urxencias Médicas, aos efectivos de Protección Civil de Tui e Nigrán e ao GES de Val Miñor, ademais das forzas da orde. Os axentes da Garda Civil indicaron que se están a investigar as causas concretas do falecemento, apuntan dende Emerxencias 112 Galicia.