• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 18 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A nova biblioteca de Nigrán, na recta final

    A actuación supuxo un investimento de 1.849.525 euros no marco do Plan de Reequilibrio da Deputación e fai posible que entrae en funcionamento a finais deste mes de abril
    Redacción por Redacción
    06 de Abr, 2021
    en Nigrán
    0
    A nova biblioteca de Nigrán, na recta final
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A Deputación de Pontevedra consolídase como a gran promotora das infraestruturas culturais na provincia. A nova biblioteca de Nigrán, unha actuación que supuxo o investimento de 1.849.525 euros no marco do Plan de Reequilibrio, é o último equipamento cultural que a institución provincial fai posible e que entrará en funcionamento a finais deste mes de abril. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, visitou hoxe as obras acompañado do alcalde, Juan González e da deputada, e tamén concelleira nigranesa, Raquel Giráldez.

    O edificio reforza a centralidade deste espazo e está dotado con catro fachadas e 1.260 metros cadrados construídos. Conta cun deseño de vangarda, que se adapta perfectamente á pendente da parcela e que foi concibido con criterios bioclimáticos, dotado, por tanto, coas últimas tecnoloxías en climatización e iluminación, reducindo os consumos enerxéticos e o impacto ambiental. As obras foron financiadas ao 80% pola Deputación, que achegou 1.479.620 euros, mentres que o Concello correu cos 369.905 euros restantes.

    Santos Héctor definiu á biblioteca pública como “un novo fito urbano de Nigrán” e destacou que vén sumarse a outros “contedores culturais” impulsados dende a Deputación que están agora en obras, como o Auditorio do Grove, ou xa rematados, como as Casas Goday (Illa de Arousa), a mellora do Centro de Interpretación das Torres do Oeste (Catoira) ou os novos centros socioculturais de Caldas de Reis e As Neves. “Construímos cultura, equipamentos que enriquecen a vida da veciñanza destes municipios”, destacou. O deputado cualificou a obra como “magnífica pola súa integración na zona e na trama urbana” e engadiu que destacará aínda máis cando se remate a nova praza na súa contorna. “É unha construción moi singular e da que estamos orgullosos/as porque a cultura é unha liña prioritaria nas políticas públicas da Deputación”. O deputado asegurou estar desexando volver para inaugurar as instalacións, “xa con rapaces e adultos/as gozando dos libros”. “Esta obra é un acontecemento para o Val Miñor, un dos proxectos máis ambiciosos da Deputación e, sobre todo un acerto, porque investir en cultura é acertar”, remachou.

    Juan González agradeceu o apoio do Goberno da Deputación de Pontevedra “nunha obra tan importante para Nigrán como é esta Biblioteca, que dentro dun mes estará en servizo”. “Este é un edificio singular, que vai crear centro en Nigrán e vai ser un revulsivo económico para a toda a zona; un edificio que transpirará cultura, educación e valores”. “Que a Deputación apostara para esta gran obra cultural para Nigrán”, concluíu, “é un auténtico pracer que nos demostra o valor da cooperación institucional ben entendida”.

    As obras afrontan nestes momentos os últimos retoques, cun nivel de execución que supera xa o 80%. O edificio está pendente só da urbanización exterior, así como dos remates de pintura, fontanería e carpintería, así como das instalacións. A obra civil, que foi readxudicada en xuño de 2020 despois da renuncia da primeira empresa, estará lista este mes. A nova Biblioteca está distribuída nun andar baixo para zona de recepción e diversos servizos, un primeiro andar para a sala de ordenadores e sala de préstamo infantil e xuvenil, un segundo andar para sala de préstamo de literatura para adultos e, finalmente, un terceiro andar coa sala de estudo (130 metros cadrados) e catro salas pequenas (duns 7 metros cadrados cada unha) para o estudo en grupo. Ademais, alberga o obradoiro de mantemento. Está coroado por unha terraza con fermosas vistas. O edificio vai ser dotado cun mobiliario minimalista e estilo contemporáneo acorde co edificio.

    O Plan de Reequilibrio ten financiado, con este, un total de 25 proxectos singulares ao longo de toda a provincia. O Plan, dotado cun total de 15 millóns de euros, financiou ata o 80% dos proxectos presentados polos concellos cun tope máximo de 1,5 millóns de euros, o que converte ao de Nigrán nun dos máis relevantes. Os proxectos foron seleccionados polos técnicos provinciais en función de criterios obxectivos fixados na convocatoria.

    Tags: BibliotecaConcello de NigránDeputación de PontevedraJuan GonzálezSantos Héctor

    RelacionadosArtículos

    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización
    Ponteareas

    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización

    13 de May, 2022
    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia
    Música

    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia

    10 de May, 2022
    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas
    Ciencia y Tecnología

    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas

    09 de May, 2022
    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía
    Local

    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía

    05 de May, 2022
    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio
    Local

    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio

    28 de Abr, 2022
    A Deputación celebra en Vigo o Día do Libro: “É un día que festexamos para compartir felicidade”
    Libros

    A Deputación celebra en Vigo o Día do Libro: “É un día que festexamos para compartir felicidade”

    23 de Abr, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    El Hotel Attica21 Vigo define sus puestos de responsabilidad y nombra director

    El Hotel Attica21 Vigo define sus puestos de responsabilidad y nombra director

    por Redacción
    11 de May, 2022
    0

    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos
    Local

    La jornada de sol y bochorno, con temperaturas que rondaron los 30 grados, acabó con una gran tormenta en el...

    Leer mas

    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»
    Local

    Vestidos con monos blancos y con sus manos alzadas, vecinos de San Miguel de Oia y miembros de colectivos ecologistas...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1890

      O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas

    • O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR