Segundo informa o Concello de Nigrán, o suceso tivo lugar na tarde do domingo, cando a unha patrulla policial lle chamou a atención a presencia dun Opel Astra estacionado na rúa Otero Pedrayo con dous varóns no seu interior. Tras observalos, chamaron a outra unidade policial e procederon a identificar aos ocupantes, comprobando que ambos tiñan antecedentes por alcoholemia, furtos, agresións… No momento en que un deles foi coller a documentación na guanteira do coche a policía percatouse de que esta tamén contiña unha pistola que nese momento aínda non se apreciaba se era real ou non.
Ante esta situación procedeuse a chamar a outra patrulla e se pide aos ocupantes que baixen do turismo para inspeccionalos a ambos, nese momento observaron como o condutor arroxaba ao chan unha bolsiña de plástico cunha sustancia que, en apariencia, é cocaína.
A este individuo, con un forte olor a alcohol, practicóuselle a proba de alcoholemia, arroxando un resultado positivo de 0,47 mlg/l. Dado que o acompañante non tiña permiso de circulación, procedeuse a requisar o vehículo ata que a muller do condutor viu a facerse cargo do mesmo. Ambos foros denunciados polos feitos descritos.