• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A microrreserva natural de Praia América será unha área de educación ambiental aberta a toda a cidadanía

    O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor o patrimonio natural dunha zona que actualmente está orientada soamente ao ocio
    Redacción por Redacción
    24 de Mar, 2022
    en Nigrán
    0
    A microrreserva natural de Praia América será unha área de educación ambiental aberta a toda a cidadanía

    O alumnado de 4º da ESO do IES Val Miñor nun dos obradoiros. / Foto: DUVI.

    Con máis dun quilómetro de lonxitude, Praia América tense convertido nun dos reclamos turísticos máis recoñecibles de Galicia. Pero antes de chamarse así, este areal do concello de Nigrán era coñecido como praia de Lourido. Foi precisamente para atraer o turismo polo que en 1927 o empresario Manuel Lemos, emigrante en Arxentina, apostou por rebautizar o areal. Agora, case 100 anos despois, un proxecto científico tratará de recuperar unha pequena parte do que Praia América foi no pasado.

    Á fronte desta iniciativa está a empresa Hydrosphere, spin-off da Universidade de Vigo, xurdida do grupo de investigación en ecoloxía costeira, EcoCost. A súa proposta, en colaboración co grupo de investigación XM1 do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, o Concello de Nigrán, o Instituto de Investigacións Mariña e a delegación do CSIC en Galicia, foi unha das seleccionadas pola Fundación Española para la Ciencia y Tecnología nunha convocatoria de axudas para fomentar o coñecemento científico entre a sociedade e incentivar as actividades de ciencia cidadá.

    O proxecto, denominado Microrreservas de praia: a concienciación social como elemento clave na recuperación de areais, ten como finalidade crear unha pequena reserva natural en Praia América para, a través deste espazo, “mudar o concepto que se ten das praias e dos sistemas dunares como espazos puramente de ocio cara unha mirada máis sostible, centrada no valor ecolóxico e no uso compartido destes importantísimos ecosistemas litorais”. Deste xeito, ademais de recuperar e protexer a riqueza do ecosistema desta zona, tamén se converte nunha aula de educación ambiental in situ na que os centros educativos da contorna están a desenvolver actividades científicas e de concienciación. Xa de cara aos meses de verán os obradoiros e talleres estarán abertos a toda a cidadanía.

    Uns 2.000 metros cadrados para a renaturalización

    O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor o patrimonio natural dunha praia que actualmente está orientada ao ocio, achegando o coñecemento científico á cidadanía e facéndoa partícipe da súa conservación e renaturalización. Para conseguilo, crearase unha microrreserva de preto de 2.000 metros cadrados que permitirá restrinxir a intervención humana nesta zona e evitar o impacto causado por actividades como as pisadas continuas ou os labores de limpeza. Deste xeito manterase esta zona libre de alteracións e favorecerase unha renaturalización progresiva, ao tempo que se emprega como aula viva de educación ambiental, onde impartir talleres didácticos. Nas próximas semanas está previsto comezar coa instalación do valado que delimitará a zona e tamén se están deseñando unha serie de paneis informativos sobre os ecosistemas dunares. Estes puntos informativos, explican dende Hydrosphere, tamén incluirán imaxes das dunas de Lourido na década de 1940, “para que poidamos reflexionar sobre o enorme cambio que sufriron dende aquela”.

    A primavera, para os centros educativos

    O proxecto está estruturado en dous períodos. Dende febreiro e ata maio os protagonistas están a ser os colexios e institutos da contorna, mentres que nos meses de verán as actividades serán abertas a toda a cidadanía e de balde e desenvolveranse nas fins de semana en horario de mañá.

    Os obradoiros céntranse tanto na zona dunar como na de arribazón. No primeiro caso comprenderán observación e identificación de flora e fauna, plantación de especies autóctonas ou eliminación de invasoras. No segundo caso consistirán na recollida de algas para identificar, mostraxe científica para observar macrofauna, identificación taxonómica, observación de microplásticos e avaliación do seu impacto no medio ambiente. Ademais, o persoal investigador tamén traballará ao longo do areal para estudar o tipo de sedimento e a súa orixe e para realizar perfís topográficos que acheguen información sobre a morfoloxía da praia e a súa dinámica.

    Tras un primeiro obradoiro co alumnado de 4º da ESO do IES Val Miñor, esta semana foi o estudantado do Centro Ocupacional Juan María o que se achegou a esta aula aberta de natureza. Puideron percorrer a liña de arribazón da praia, observando os restos que alí aparecían deixados polas mareas. Ademais de moitas algas, atoparon tamén restos de plantas mariñas, o que deu pé a explicar as diferenzas entre plantas e algas, e aprenderon a distinguir os sempre sorprendentes ovos de raias e tiburóns que tamén chegan a praia. Atoparon tarugos ou palillos de batea e restos de cabos e redes, planteandose así a gran problemática do lixo mariño. Tamén recolleron algas da zona de arribazón para logo hidratalas en bandexas, e, coa axuda de lupas, guías e libros, observalas con máis detalle e identificar algunhas das especies máis comúns. Ademais, aproveitaron estas algas para aprender a facer un algario.

    Un ecosistema en perigo

    Dende Hydrosphere explican que, a diferenza das dunas próximas á desembocadura do río Muíños, nas que hai anos se levaron a cabo accións de recuperación, a zona de Lourido está “moi deteriorada e ten moi pouca diversidade”. O obxectivo do proxecto é que as especies de plantas que xa case desapareceron poidan recolonizar este espazo de forma natural, igual que sucedeu na zona próxima ao río.

    Neste tipo de dunas, explican, a vexetación está moi especializada e adaptada para soportar fortes ventos, unha grande inestabilidade do substrato, grandes cantidades de sal, escaseza de nutrientes, moi pouca retención de humidade e a abrasión mecánica que se produce ao limpar os areais. Para sobrevivir desenvolveron unha serie de adaptacións, como raíces moi profundas e potentes para chegar ata a auga e fixarse con forza ao solo; formas redondeadas e deitadas para resistir fortes ventos ou follas carnosas para almacenar auga. “Todas estas características fan destas plantas litorais especies únicas que soamente poden sobrevivir en condicións moi concretas. Polo tanto, se estes hábitats dunares desaparecen, tamén desaparecerán as especies que viven neles”. Entre elas está a Azucena de mar, incluída no catálogo de especies ameazadas ou catalogadas como “en perigo de extinción” nalgunhas rexións ou a Paxariños, endemismo da costa atlántica da península ibérica e de Francia.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rebajas de Vigo
    Más Vigo

    Rebajas de Vigo

    Esta fotografía da testimonio de la aglomeración de gente que llenó las calles de Vigo durante los primeros días de...

    por Julio Alonso
    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR