• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación asfaltará as estradas que unen Panxón, Patos e Monteferro, e remata a reforma na EP3001 en Tui

    As obras que se levarán a cabo en Nigrán contan cun orzamento de máis de 215.000 euros e co proxecto xa aprobado
    Redacción por Redacción
    15 de Jun, 2022
    en Nigrán, Tui
    0
    A Deputación asfaltará as estradas que unen Panxón, Patos e Monteferro, e remata a reforma na EP3001 en Tui

    Paseo inaugural pola EP-3001 de Tui, este mércores. / Fotos: Deputación de Pontevedra

    O proxecto de pavimentación das estradas provinciais EP-2104 Panxón-Patos e EP-2105 que conecta con Monteferro, ámbalas dúas en Nigrán, vén de ser aprobado pola Deputación de Pontevedra. A actuación, valorada en 215.618 euros será licitada en breve co obxectivo de renovar o firme destas dúas estradas, situadas nunha das paraxes máis turísticas do Val Miñor e das Rías Baixas.

    A estrada que une as praias de Panxón e de Patos, cunha traza total de 1.132 quilómetros, será asfaltada de novo completamente. A estrada provincial está plenamente integrada no viario de Nigrán, onde figura co nome de rúa de Tomás Mirambell. Pola súa parte, a estrada de Monteferro (no rueiro, rúa de Monteferro), que entronca coa anterior e chega ata o alto do monumento á Mariña Universal, verá renovado o seu pavimento nos primeiros 780 metros, é dicir, na parte onde se sitúan as vivendas.

    Para solucionar o desgaste parcial do actual pavimento, as obras comezarán coa demolición, saneo e fresado, así como a preparación do terreo con saburra, macadam e emulsión asfáltica antes de aplicar o novo pavimento asfáltico e o recrecido dos pozos de rexistro de tódolos servizos, incluíndo ademais tódolos pasos de peóns sobreelevados existentes. Ademais renovarase completamente a sinalización horizontal con pintura reflexiva branca. A Deputación aproveitará estas obras tamén para renovar e  reforzar a sinalización vertical. O prazo de execución destes traballos serán de catro meses.

    Segundo o último estudo de aforo da Deputación, a vía provincial que enlaza as praias de Panxón e Patos rexistra unha intensidade media de circulación superior aos 2.500 vehículos diarios, mentres que a de Monteferro, soporta unha presión circulatoria máis contida duns 1.000 vehículos ao día. Non obstante, estas cifras dispáranse durante os meses de verán.

    Reforma en Tui

    “Ás veces, só lle damos valor ás grandísimas obras, pero hai obras imprescindibles que transforman o espazo”, destacou este mércores a presidenta Carmela Silva ao referirse á mellora da seguridade viaria e a mobilidade peonil que veñen de rematar a Deputación e o Concello nun tramo da EP-3001 ao seu paso pola zona de Rebordáns, e que visitou xunto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, e representantes da corporación.

    A actuación dá resposta a unha vella reivindicación da veciñanza e da corporación que preside Cabaleiro para garantir a visibilidade e a seguridade neste treito, onde se ten creado unha senda peonil e ampliado o radio da curva existente, cun investimento de 138.499 euros.

    A mellora desenvolveuse nun tramo de 155 metros, entre o punto quilométrico  1,290 e o 1,445 e tiña como obxectivo dotar a estrada dunha zona de tránsito seguro e boa visibilidade. Para a mellora da mobilidade das persoas en condicións de seguridade construíuse unha senda peonil de 2,5 metros de ancho pola marxe esquerda, mentres que pola dereita, a estrada leva unha cuneta transitable. E para incrementar as condicións de seguridade do tráfico aumentouse o radio da curva existente, habilitáronse dous pasos sobreelevados na calzada e pavimentouse o treito con novo firme, amais da execución da sinalización. Tamén se melloraron servizos como a rede de pluviais, de alumeado e telecomunicacións.

    Carmela Silva subliñou que o viario “quedou extraordinariamente ben” e que a obra foi unha petición do alcalde, “que nos indicou que nesta zona era imprescindible traballar para garantir a seguridade, e certamente o cambio é moi importante”. Destacou a este respecto a colaboración co Concello para afrontar esta actuación, que foi financiada cun convenio no que a Deputación asumiu o 80% e a administración municipal o 20% restante. “Celebro que sexamos capaces, ao igual que co resto dos concellos, de traballar conxuntamente para mellorar as vías provinciais e acadar que a xente teña maior calidade de vida –apuntou-. Seguiremos traballando para mellorar Tui e a vida da xente de Tui”.

    Neste senso, anunciou que nos vindeiros días se dará a coñecer outra importante actuación no concello baixo o modelo de mobilidade segura da Deputación, na estrada provincial que pasa por Ribadelouro: “Temos 1.700 quilómetros de vías provinciais nas que hai que facer unha gran revolución” non só no eido da mobilidade, senón tamén coa dotación de servizos “do século XXI, que reduzan costes e contaminación e dean resposta ás demandas da sociedade”.

    Pola súa banda, o alcalde Enrique Cabaleiro, lembrou que esta inauguración “supón a superación dunha situación anacrónica desde hai bastantes anos nesta zona urbana, xa que esta estrada representaba amais certo perigo para a seguridade viaria e peonil e tiñamos que arranxala”. Agradeceu a colaboración da Deputación, “que atendeu esta petición de forma dilixente e a obra quedou moi ben”, así como o apoio de toda a corporación ao cofinanciamento da obra.

    Tamén destacou o apoio da institución provincial á outra actuación prioritaria, a humanización prevista en Ribadelouro, e anunciou que o Concello seguirá nesa liña “na aposta que ten este goberno para por en valor as infraestruturas do ámbito rural”. Anunciou así mesmo que solicitará novos proxectos para as parroquias do rural para “ir cumprindo aquelas premisas que nos formulamos ao principio do mandato”.  “Esta corporación está cumprindo os seus compromisos  -apuntou- e imos seguir traballando neste senso” e concluíu agradecendo a Carmela Silva “o compromiso de ir transformando toda a provincia”.

    43

    Tags: EP-3001NigránTui

    RelacionadosArtículos

    Golpes, zarandeos y mensajes amenazantes: la agresión por la que investigan a cuatro menores
    Nigrán

    Golpes, zarandeos y mensajes amenazantes: la agresión por la que investigan a cuatro menores

    04 de Feb, 2026
    Tres paseos marítimos y un acceso a la playa, cerrados por las borrascas y la fuerza del mar
    Nigrán

    Tres paseos marítimos y un acceso a la playa, cerrados por las borrascas y la fuerza del mar

    03 de Feb, 2026
    Cae una agresiva banda criminal que sembraba el terror en los centros comerciales del sur de Pontevedra
    Comarcas

    Investigan dos alunizajes contra un estanco y una gasolinera que se produjeron con una hora de diferencia

    30 de Ene, 2026
    El Quijote y el Rocinante de Nigrán: competir para perder
    Polideportivo

    El Quijote y el Rocinante de Nigrán: competir para perder

    29 de Ene, 2026
    Detenido un vigués que se hacía pasar por empleado de una compañía eléctrica para cobrar facturas pendientes
    Nigrán

    Heroico acto de un Guardia Civil fuera de servicio: salva la vida de un hombre tras asfixiarse con un trozo de patata

    27 de Ene, 2026
    El Camino Portugués de la Costa gana un nuevo atractivo patrimonial
    Nigrán

    El Camino Portugués de la Costa gana un nuevo atractivo patrimonial

    20 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR