22092019Dom
Última edición: Sáb, 21 Sep 2019 9pm
04 Ago 2019

O Concello de Nigrán remata as obras de humanización da rúa do Cean

“Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade”, sinala o alcalde, Juan González

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán rematou esta semana as obras de humanización da rúa do Cean (parroquia de Nigrán) dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio.

03 Ago 2019

Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no "Flota Como Poidas"

Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán abre ata o 16 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 18 de agosto ás 17:30 horas na ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

02 Ago 2019

Nigrán propón música, gastronomía, deporte e diversión para o mes de agosto

O Val Miñor Fest, o Flota como Poidas, o Nigrán Area ou o Rilla na Rúa formarán parte dunha variada programación festiva

Publicado en Nigrán

Nigrán ofrece neste mes de agosto máis de medio cento de actividades de lecer que dan continuidade sen transición á programación cultural e deportiva do mes de xullo. Así, o Concello aposta por eventos xa consolidados como a carreira pola praia Nigrán Area deste sábado ou o Flota como  Poidas (día 18) e colabora coas distintas asociacións na baixada de carros de bolas de  Camos (10-11) ou o festival da cervexa artesá Val Miñor Fest (do 15 ao 18).

01 Ago 2019

Nigrán acolle no campo de Lourido a cuarta xornada da liga profesional de freestyle

A Freestyle Master Series, seguida en streaming por máis de 100.000 persoas, conseguiu máis de 3.000 entradas no municipio do Val Miño

Publicado en Nigrán

Nigrán acolle este sábado 3, e por segundo ano consecutivo, a Freestyle Master Series, a primeira liga profesional de freestyle do mundo, que terá lugar no campo de fútbol de Lourido con máis de 3.000 entradas xa vendidas por parte da organización, Urban Roosters. O día antes, o venres, terá lugar no espazo deportivo de Gaifar dende as 17:30 horas unha sesión previa e gratuíta da ‘batalla’ pendente entre Zasko e BTA.

01 Ago 2019

La Guardia Civil se incauta de más de 6.000 petardos de venta ilegal en Nigrán

También se formularon siete denuncias por tenencia y consumo de drogas en lugares públicos y se detectó un menor consumiendo bebidas alcohólicas durante las fiestas de Carmen

Publicado en Nigrán

La Guardia Civil ha denunciado a una persona, vecina de Madrid, por dedicarse a la venta ambulante de productos pirotécnicos sin autorización y se han incautado de algo más de 6.000 petardos, durante las pasadas fiestas del Carmen que se celebraron el pasado fin de semana en Praia América (Nigrán).

31 Jul 2019

Nigrán aspira a unha liña circular de bus nas parroquias, outro carril bici e máis puntos de recarga

O Concello elaborará o primeiro plan de mobilidade sostible da vila para dar prioridade ao transporte público, reforzar as dotacións para coches eléctricos e mellorar o aparcamentos nos principais núcleos de poboación

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán vén de contratar o seu primeiro plan de mobilidade sostible para o municipio a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra de 18.150 euros. O traballo, encargado a Soltec Ingenieros SL e que estará listo tras o verán, busca un plan coherente e factible que permita establecer as bases para futuras actuacións concretas e abrir as portas para poder optar a subvencións e axudas da Unión Europea no eido do transporte sostible.

movilidad

navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos