16092019Lun
Última edición: Lun, 16 Sep 2019 10am
11 Ago 2019

Nigrán habilita o primeiro espazo específico de recreo para cans

O Concello atende así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán ven de habilitar o primeiro espazo específico de esparexemento para cans do municipio atendendo así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa. Este atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa 350 metros cadrados en forma de 'L' que están deseñados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa.

09 Ago 2019

Nigrán troca a observación das Perseidas por unha visita nocturna ao petróglifo do Rabete

Ante a previsión de nubosidade e ao estar o chan enchoupado, o Concello pospón a observación das bágoas de San Lourenzo ao venres 16

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán mantén este sábado en Chandebrito a segunda edición do festival Chan de Folk, evento que consta do concerto de Roi Casal (21:30 horas) pero que nesta ocasión, ante o a nubosidade prevista e ao estar o chan enchoupado, troca a clásica observación posterior das Perseidas por unha visita nocturna guiada ao gran petróglifo do Rabete, situado moi preto do lugar.

07 Ago 2019

Nigrán acolle esta fin de semana a popular baixada de carros cun adestramento nocturno

O campionato arranca o sábado con preto de 50 carrilanas inscritas

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán e a Asociación Eixo Tolo celebran esta fin de semana a XIII Baixada de Carros de Bolas na rúa San Roque de Camos con máis de medio cento de carros participantes (a inscrición permanece aberta  no teléfono 648 023 014 e ata o mesmo sábado antes das 18:00 horas presentándose no Torreiro de Camos). 

05 Ago 2019

Nigrán reparte 5.000 bolsas reutilizables para reducir o uso de plástico

Ilustradas pola artista local Olalla Fernández cunha estética alegre e positiva, serán entregadas de balde polos comerciantes aos seus clientes

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia entregaron este luns á Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) 5.000 bolsas da compra reutilizables para que os establecementos do municipio as distribúan de balde entre os seus clientes e contribuír así á redución de plásticos e, en consecuencia, á protección do medio ambiente. Os comercios interesados poden solicitalas dende esta semana na sede da patronal local chamando antes ao 986 366 730.

04 Ago 2019

O Concello de Nigrán remata as obras de humanización da rúa do Cean

“Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade”, sinala o alcalde, Juan González

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán rematou esta semana as obras de humanización da rúa do Cean (parroquia de Nigrán) dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio.

03 Ago 2019

Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no "Flota Como Poidas"

Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas

Publicado en Nigrán

O Concello de Nigrán abre ata o 16 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 18 de agosto ás 17:30 horas na ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos