Imprimir esta página

arribada 2016

Conta atrás para a Festa da Arribada

A Deputación de Pontevedra acolleu este venres o acto de presentación da festa que se celebrará do 4 ao 6 de marzo

19 Febrero 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Presentación da festa en Pontevedra. Presentación da festa en Pontevedra.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, presentaron este venres a XXI edición da Festa da Arribada de Baiona, recentemente declarada de interese turístico internacional, que se celebrará entre o 4 e 6 de marzo de 2016.

Carmela Silva manifestou sentirse moi orgullosa de que “neste ano tan especial, por ser o primeiro no que a Festa da Arribada se celebra tras a súa declaración como festa de interese turístico internacional, Baiona escollese á Deputación de Pontevedra, casa de todos os concellos da provincia, como o escenario para a presentación da súa festa máis emblemática, como noutras edicións fixera noutras cidades de Galicia, de Portugal ou Castela-León”.

A presidenta subliñou que “o ano pasado máis de 200.000 persoas acudiron ata Baiona para gozar desta festividade que transforma á vila de Baiona nun burgo medieval, converténdoa nun importante reclamo turístico e revulsivo económico para a vila”.

Pola súa banda, o alcalde de Baiona destacou que este ano, como novidade, a Festa da Arribada de Baiona se celebrará durante tres días: 4, 5 e 6 de marzo. Amais, Ángel Rodal deu a coñecer a historia da Arribada da carabela Pinta a Baiona que converteu á vila na primeira localidade do vello continente en recibir as novas do descubrimento de América.

O acto de presentación, no que se puido ver en primicia o vídeo de presentación do Real Mercado Medieval da Arribada deste ano, finalizou cunha pequena representación escénica da man do Bruxo Queiman e Andrea Pousa na hall de entrada do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra e degustación de doces típicos da Arribada entre os que se atopaban ñoclos de Pinzón, rosquillas ou tartas de Sarmiento.

Medios

Inicia sesión para enviar comentarios