19102019Sáb
Última edición: Sáb, 19 Oct 2019 2pm

emprego

Nigrán contratará a 30 traballadores a través da Deputación

Os perfís requiridos mediante esta convocatoria de subvención van dende peóns forestais a albaneis, conserxes para os colexios públicos ou administrativos

19 Enero 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Concello de Nigrán contratará a través do Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra. O Concello de Nigrán contratará a través do Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Nigrán contratará a través do Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra a 30 traballadores para o ano 2016 grazas á achega de 213.215,32 € do ente provincial.

A subvención permitirá incorporar á plantilla a 14 peóns forestais, 5 peóns de albanelería, 4 conserxes de instalacións municipais, 5 auxiliares administrativos e dous condutores de guindastre, todos perfís requiridos dende o consistorio para cubrir postos considerados polo goberno como prioritarios para a mellorar a atención á cidadanía ou ou garantir un óptimo mantemento de infraestruturas.

O proceso selectivo, segundo publican as bases e como xa sucedeu na derradeira convocatoria, estase a levar a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, dentro da máis absoluta transparencia, entre desempregados que non son perceptores de prestacións ou ben son perceptores de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA e similares). Previsiblemente, iniciarán a súa labor entre febreiro e marzo para concluír antes do 31 de decembro de 2016.

A conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares son eixos da política do goberno socialista, polo que os perfís os de peóns forestais e albaneis cobran especial protagonismo neste eido. Pero a clara aposta pola educación pública se materializará tamén na contratación de tres conserxes que realizarán a súa labor nos CEIP Carlos Casares (Vilariño), A Cruz (Camos), e Mallón. “Son postos que non están cubertos actualmente e que consideramos prioritarios para un perfecto funcionamento diario nos centros escolares xa que contribúen a dar un mellor servizo aos nenos e, por ende, a toda comunidade educativa”, indica Juan González, alcalde de Nigrán.

Atención telefónica
Pero sen dúbida, a maior novidade que será posible grazas á contratación de dous dos auxiliares administrativos será a implantación dun servizo de atención telefónica directa ao cidadán, que ata agora nunca existiu, e que toma como referencia o bo funcionamento en concellos como o de Vigo. Este equipo permitirá unha relación directa do cidadán coa súa administración máis cercá, poñendo fin a tediosa espera ao teléfono a través dunha máquina tipo contestador. “A atención ao público de xeito directo e dando solucións concretas a cada persoa é fundamental nunha institución como o Concello, por iso é imprescindible poñer en marcha este servizo que supón un paso máis na nosa política de transparencia, accesibilidade e cercanía”, subliña González. A maiores, esta labor se verá reforzada pola contratación de un cuarto conserxe para a casa consistorial que atenderá aos cidadáns e colaborará na diferentes xestións municipais.

Os tres restantes auxiliares administrativos exercerán a súa labor no departamento de Medio Ambiente, no Centro de Información ás Mulleres (CIM) e na Concellaría de Deportes. “A nosa aposta pola protección da natureza, pola igualdade e atención as mulleres e o apoio ao deporte se materializa tamén nestas contratacións, xa que queremos unha xestión óptima nestas áreas esenciais da nosa política”, indica González.

Finalmente, a incorporación de dous condutores de guindastre municipal permitirá dar solución durante todo o ano 2016 ao servizo de grúa a coste cero para o Concello.

“A labor de estes 30 empregados contribuirá a mellorar os servizos municipais máis directamente vinculados coa atención á cidadanía e coa conservación do patrimonio e o entorno, todo elo ao tempo que se garanten uns ingresos a persoas en risco de exclusión social e se facilita a súa incorporación ao mercado laboral unha vez finalicen a súa estancia no Concello”, incide González, quen recalca que o seu traballo mellorará sensiblemente a atención aos veciños sen afectar en absoluto ás contas municipais.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos