17072019Mié
Última edición: Mar, 16 Jul 2019 11pm

investimento

Dez toneladas de caucho para o campo de Vilariño

O Concello de Nigrán percibirá 5.177,57 euros a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para adquirir equipamentos deportivos

26 Diciembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Substituiranse as vellas canastras de Dunas de Gaifar. Substituiranse as vellas canastras de Dunas de Gaifar.

O Concello de Nigrán percibirá 5.177,57 euros a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para adquirir equipamentos deportivos para as instalacións municipais.

A Xunta de Goberno do ente provincial resolveu favorablemente o 19 de decembro á solicitude feita dende o Concello a inicios deste mes. Os cartos desta axuda (dirixida aos municipios de menos de 20.000 habitantes que cumpriran os requisitos) serán empregados na compra de dez toneladas de caucho para o óptimo mantemento do Campo de Poutón-Vilariño (3.509 euros), dúas canastras fixas con aro e taboleiro que substituirán ás vellas do espazo deportivo de Dunas de Gaifar (1.641 euros) e dúas redes antivandálicas para as pistas de A Ramallosa (26 euros). A compra, tal e como marca a propia subvención, realizarase nos próximos días (antes de que finalice o ano).

“Nos últimos anos o Concello desatendeu por completo instalacións deportivas como as de A Ramallosa e Gaifar, e para nos é unha prioridade que se atopen nun estado de perfecto mantemento porque queremos dar as máximas facilidades para a práctica de deporte entre a veciñanza. Por exemplo, as actuais canastras de Gaifar están completamente deterioradas, non son axeitadas para xogar”, resume Juan González, alcalde do municipio.

Dada a limitación financeira dos concellos, resulta difícil dar resposta á totalidade de necesidades que presentan tanto os veciños de xeito individual como distintas agrupacións municipais, sendo a obriga do Concello garantir o acceso á práctica deportiva á totalidade da poboación, “polo que é un tipo de axuda que sempre ven moi ben para o Concello”, comenta González.

O goberno de Nigrán quere potenciar a consideración do deporte como parte fundamental dunha educación integral do individuo, por canto transmite valores de gran importancia na sociedade, tales como o traballo en equipo, a cultura do esforzo, o afán de superación, a tolerancia... sen esquecer, obviamente, o seu beneficioso impacto na saúde física e mental de todos aqueles que o practican.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

turismo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos