11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

Nigrán estrea na Ramallosa os dous primeiros 'bancos da amizade' de Galicia

A iniciativa xurdíu dunha nena de Florida no 2012 como un recurso ubicado no patio escolar onde sentarse cando un precisa apoio, folgos, alegrías e novas amizades

30 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Inauguración dos bancos da amizade na Ramallosa. / Foto: Concello de Nigrán Inauguración dos bancos da amizade na Ramallosa. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán instalou esta mañá na Alameda de San Campio da Ramallosa os dous primeiros 'bancos da amizade' de Galicia, unha iniciativa que xurdíu no 2012 en Florida tras pedirlle a nena Acacia Woodley a súa profesora que se colocase un no patio escolar para combatir a soidade nos recreos. En definitiva, trátase dun recurso que Nigrán extenderá aos seus patios e onde a persoa que se senta transmite aos demais a necesidade de apoio, folgos, alegrías e novas amizades.

"Recibimos a petición dunha veciña de Priegue no verán e dunha persoa maior da Ramallosa para que os fixeramos en Nigrán e non dubidamos nin un segundo, inmediatamente llos encargamos ao Centro Ocupacional do CEE Juan María; estamos encantados porque outros concellos da comarca coñecedores da nosa iniciativa xa anunciaron que se sumarán. Fomos pioneiros investindo en mochilas vibratorias para que as persoas xordas gozaran da música e a raíz disto outros moitos municipios de Galicia tamén o farán, ogallá que cos bancos suceda o mesmo", indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen encadra este investimento no proxecto de goberno 'Un Nigrán para todos' que busca acadar a accesibilidade universal e, en definitiva, un Nigrán amable coas persoas e que cre na diversidade.

Consecuentes co propio mensaxe que transmite este banco, feito a base de listóns de madeira de diferentes colores, o Concello de Nigrán encargou a súa fabricación ao taller de carpitería do CEE Juan María, que tamén se ocupou da súa instalación esta mañá precisamente a carón da caseta de ventas coa que contan no Alameda de A Ramallosa e enfrentando un banco a outro para favorecer a comunicación entre as persoas.

Esta idea chegou a España a inicios deste curso escolar cando unha nena dun colexio de Burgos o promoveu no seu centro a través dunha carta que se fixo viral nas redes sociais. "Este banco combate o bullying e a soidade en xeral, axuda ás persoas ás que se marxina pero tamén evita as conductas dos que causan esa marxinación e, en definitiva, apela a solidariedade e fraternidade das persoas e á aceptación da diversidade, así que en Nigrán non podían faltar", incide González.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos