19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

Comezan as obras para mellorar a seguridade nunha perigosa curva da EP-2204 en Baiona

Os traballos, que se prolongarán durante cinco meses, buscará adecuar o trazado para que vehículos e peóns poidan transitar sen problemas

29 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Obras na EP-2204. / Foto: Deputación de Pontevedra Obras na EP-2204. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar as obras de mellora da seguranza viaria na EP-2204 Sabarís-Belesar, no termo municipal de Baiona, traballos que se enmarcan no obxectivo da institución provincial de garantir a accesibilidade e a seguridade viaria e peonil no conxunto da rede de estradas provinciais.

Estes traballos teñen por obxecto acondicionar o trazado da perigosa curva existente no punto quilométrico 3+300 da devandita estrada, ademais de habilitar unha cuneta transitable na súa marxe dereita, delimitando claramente a circulación do tráfico e cun deseño utilizable e practicable por vehículos e peóns en condicións de seguridade, comodidade e accesibilidade universal.

A Deputación adxudicou as obras á empresa Construccións Caldevergazo por un presuposto de 80.828 euros e cun prazo de execución de cinco meses. Os traballos consisten na ampliación do radio da curva a 88 metros e a execución dunha plataforma con dous carrís de 3,30 metros cada un, con beiravías dun metro en ambas marxes, ademais dunha cuneta transitable de formigón de 1,5 metros de ancho na marxe dereita e unha cuneta en terra de 1,5 metros na esquerda. Ademais, realizarase a mellora da sinalización e reposición de servizos afectados no treito do proxecto e melloraranse instalacións como o drenaxe de pluviais en todo o ámbito de actuación.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos