24012020Vie
Última edición: Vie, 24 Ene 2020 6pm

Novo acto reivindicativo pola gratuídade da AG-57 do Val Miñor

O BNG anuncia a presentación de novas iniciativas nos tres concellos e no Parlamento Galego

02 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Mobilización na peaxe do Val Miñor. / Foto: BNG Mobilización na peaxe do Val Miñor. / Foto: BNG

O BNG convocou este sábado un acto reivindicativo da gratuídade da Autoestrada AG-57 do Val Miñor no que participaron Luís Bará, o deputado no Parlamento Galego; Iago Pereira, tenente de alcalde en Baiona; Manuela Rodríguez, portavoz municipal en Gondomar; e Xavier Rodríguez, reponsábel local en Nigrán.

No acto os convocantes sinalaron existe unha "discriminación por parte do goberno do PP ao Val Miñor respecto doutras comarcas como O Morrazo ou O Salnés, que desfrutan de autovías autonómicas gratuítas". Se estiver libre de peaxes, a AG-57 serviría de circunvalación ao Val Miñor, mellorando a mobilidade xeral na comarca e eliminando o tráfico de paso polos núcleos urbanos.

"Desconxestionaría as estradas Vigo-Baiona, evitando atascos na Ramallosa, principal nó de conexión dos tres concellos; e Vigo-Gondomar, ao seu paso por Vincios, humanizando a parroquia. Contribuíndo a mellorar a calidade de vida e reducir a siniestralidade e os riscos asociados a este tráfico, que en moitos casos é tráfico pesado", sinalan desde o BNG.

Os nacionalistas explican que a vía tamén serviría de conexión directa, rápida e gratuíta co hospital Álvaro Cunqueiro, e con outros centros médicos, de ensino, administrativos e de servizos da área de Vigo; e melloría a competitividade e a conectividade dos parques empresariais da Pasaxe-Vincios (Gondomar) e de Porto do Molle (Nigrán), e destes coa AP-9. 

"Denunciamos tamén a ridiculez e irrelevancia da medida anunciada por Feijóo de reducción nas peaxes en horario nocturno xa que ten unha incidencia mínima na mobilidade e os desprazamentos que realiza a veciñanza do Val Miñor tanto por razóns de traballo como para as diversas xestións persoais (de saúde, ensino, administrativas, de ocio,...). No podemos consentir que, ao ser de pago a AG-57, usala se converta nun sobre custo nos desprazamentos ou que, para evitalo, simplesmente non se use”, aseguran.

Desde o BNG apostan polo rescate da AG57 para a súa xestión pública e pola supresión das peaxes nesta autoestrada, demandas sociais que afirman que contan con amplo respaldo na comarca, indicaron os representates municipais do BNG no Val Miñor.

Nese sentido, o deputado Luís Bará anunciou que “o BNG presentará mocións nos concellos e no parlamento galego, e presentará unha emenda aos Orzamentos da Xunta para o ano 2020 co obxetivo de destinar unha dotación económica á realización do estudo da viabilidade da supresión das peaxes e do rescate da concesión da AG-57, para poder tomar desde o goberno galego as decisións sobre a súa
xestión”.

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos