13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

Nigrán extrema as medidas para eliminar accidentes nos pasos de peóns

Foron adquiridos 9 sistemas de reforzo lumínico por importe de 18.000 € para rúas de todo o municipio

29 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Paso de peóns na Avda. Val Miñor, onde tamén se instalará o reforzo lumínico. / Foto: Concello de Nigrán Paso de peóns na Avda. Val Miñor, onde tamén se instalará o reforzo lumínico. / Foto: Concello de Nigrán

O goberno de Nigrán extremará as medidas para eliminar os atropelos en pasos de peóns do municipio introducindo neles un reforzo lumínico extra por importe de 18.000 € a cargo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

O obxectivo é mellorar a seguridade do camiñante e do conductor en viais de titularidade municipal onde os pasos non están regulados semafóricamente e resultan especialmente perigosos, cuestión que tamén demandaran as diferentes entidades veciñais. Así, estos reforzos serán instalados por operarios municipais nas vindeiras semanas en nove rúas: Arquitecto Palacios con Cidade de Vigo (Panxón); Torrente Ballester, Manuel Lemos e Avenida de Portugal (A Ramallosa); Rosalía de Castro, Val Miñor e José María Pérez Alonso (Nigrán); e San Roque (Camos).

Os conxuntos de reforzo lumínico serán de iguais características aos instalados pola Deputación nos viais provinciais co obxectivo de manter a mesma estética. Así, constarán dunha columna de iluminación led de ata 6 metros de altura que teña integrada unha placa decorativa de aceiro inoxidable brillante co escudo do Concello de Nigrán cortado a láser. A oferta que se contraté deberá incluír todo o preciso para a súa montaxe e posta en funcionamento a cargo dos operarios municipais.

"Ao igual que os lombos, unha correcta iluminación nos pasos de peóns é un punto crave para a seguridade viaria, tanto para o vehículo que circula na calzada como para o peón. Isto é especialmente importante onde non se dispoña de semáforo, pois o peón cruza cando non se achega ningún vehículo, polo tanto, se a iluminación non é axeitada o vehículo pode non divisar ao camiñante provocando un accidente ou atropelo", incide o alcalde, Juan González.

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos