17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Nigrán inicia reparacións en todos os centros educativos públicos do municipio

Aproveitando as vacacións escolares, operarios municipáis están a pintar e reacondicionar espazos

24 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Traballos no colexio de Camos. / Foto: Concello de Nigrán Traballos no colexio de Camos. / Foto: Concello de Nigrán

Operarios municipáis do Concello de Nigrán están a pintar e reacondicionar aulas de tódolos centros educativos públicos do municipio co obxectivo de que os traballos estén finalizados a inicios de setembro e non interfiran co novo curso escolar.

Trátase en tódolos casos de pequenas obras de mellora e mantemento demandadas dende as respectivas direccións, fundamentalmente de pintado, e tamén arranxos de peches perimetrais ou redistribución de espazos (como a pista deportiva do CEIP de Mallón). No caso de A Galiña Azul será a inicios de curso cando se renoven tódalas portas de saída de emerxencia e se instalen diferentes elementos para evitar tropezos dos nenos.

O Concello de Nigrán pospuxo a agosto estas tarefas para non prexudicar á comunidade educativa, mentras que ao longo do curso investíu 92.000 € en reacondicionar as instalacións eléctricas de tódolos colexios (os traballos realizáronse ao longo do mes de marzo fora do horario lectivo) ou 25.000 € en dotar de desfibriladores e da formación precisa para o seu uso aos profesores; 6.000 € en redactar o proxecto do comedor no CEIP Humberto Juanes... Máis de 126.000 € aos que se suma conectar o CEIP da Cruz de Camos e CEE Juan María ao abastecemento de auga municipal do que ata agora carecían.

Por outra banda, a edil de Educación Marina Vidal comprométese a convocar e inicios de curso o Consello Escolar Municipal, órgano de participación no que están representados tódolos centros do municipio e todolos sectores vinculados á educación e que non é celebrado dende hai máis de oito anos. "Ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que deben axudar a decantar e clarificar os problemas que se deriven do funcionamento do sistema educativo no noso municipio, por iso queremos reactivalo", incide Vidal.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos