17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Nigrán ofrece unha tarde de domingo con festa da auga, da escuma e circo

A Praza do Concello e o Paseo Marítimo de Panxón acollerán as actividades infantiles

23 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A festa da auga contará con inchables. A festa da auga contará con inchables.

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece este domingo 25 de agosto un día dedicado aos máis cativos con festa da auga e da escuma pola tarde na Praza do Concello e, a última hora, con circo para nenos no Paseo Marítimo de Panxón.

A festa da auga, que correrá a cargo do Rei Midas e incluirá un tobogán inchable xigante, e a festa da escuma desenvolveranse de 17:00 a 20:00 horas. Xa ás 20:00 horas, o Paseo Marítimo de Panxón acollerá o circo infantil 'Monólogo no Mar e Forzudos'.

Trátase dun espectáculo de Circo Chosco no que dous auténticos atletas unen a idiotez e a forza para dar lugar a un show visual e divertido cheo de escenas olímpicas, malabares, acrobacias, números de incrible forza...

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos