17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Baiona ofrece un curso de deseño e impresión 3D con prácticas en empresas

Destinado a menores de 30 anos, a formación tamén inclúe un módulo de procura de emprego a través do teléfono móbil

23 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha prótese elaborada mediante impresión 3D. Unha prótese elaborada mediante impresión 3D.

O Concello de Baiona organiza un curso de Deseño e Impresión en 3D destinado a mozas e mozos de 16 a 30 anos. Esta acción formativa consta, ademais da formación en 3D, dun módulo de emprendemento xuvenil, outro módulo de procura de emprego a través do teléfono móbil e de  prácticas non laborais en empresas do sector.

O curso terá lugar do 6 de setembro ao 11 de outubro, no centro multiusos Ángel Bedriñana de Baiona, en horario de 9 a 14 horas. Os interesados en obter máis información poden contactar coa Oficina de Información Xuvenil do Concello de Baiona, co teléfono 986 385 925 ou a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

O uso das impresoras 3D está cada vez máis estendido en sectores como a arquitectura, a industria, ou a automoción, e na actualidade está a implantarse na alimentación ou en prótese médicas, polo que esta formación é moi demandada polo tecido empresarial. 

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos