19092019Jue
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

O Rilla na Rúa chega esta semana a Baiona con dez camións de comida e concertos nocturnos

Dez ‘foodtrucks’ aparcarán entre o venres e o domingo no parque de A Palma, onde tamén haberá actividades infantís e mercado

21 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Rilla na Rúa celebrado este verán en Nigrán. O Rilla na Rúa celebrado este verán en Nigrán.

A feira gastronómica itinerante máis importante de Galicia chega a Baiona esta fin de semana. Dende este venres ata o domingo, o Rilla na Rúa instalarase no parque de A Palma. Alí desembarcarán dez camións de comida con diversas propostas gastronómicas e unha programación festiva -desde as 18.30 horas ata a madrugada- pensada para todas as idades.

Tras pasar por localidades próximas como Nigrán, o Rilla na Rúa fai parada na vila real, onde a música estará presente da man de distintos Djs e os concertos de grupos como Pega Negra (venres), Algo pasa con Mery (sábado) e La Supersónic (domingo).

Tamén haberá actividades infantís (obradoiros, pinta mandilóns, maquillaxe, estampación...) e o Monkey Market, con dez postos no que se poñen á venda produtos de artesanía.unt1 page 0001

 

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

música

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos