19092019Jue
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

Preto de 20 persoas en paro accederán a un curso de comercio con prácticas en empresas de Nigrán

A formación comezará o proceso de selección en setembro e a continuación será impartida en Porto do Molle

20 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un curso no Centro de Negocios Porto do Molle. / Foto: ZFV Un curso no Centro de Negocios Porto do Molle. / Foto: ZFV

O vindeiro mes de setembro terá lugar o proceso de selección e dará comezo en Nigrán un curso de auxiliar de comercio organizado pola Fundación Érguete-Integración en colaboración co Concello da vila. A actividade está promovida pola Deputación de Pontevedra e levarase a cabo no centro de negocios de Porto do Molle.

Esta formación busca proporcionar a persoas en busca de emprego os coñecementos e as habilidades necesarias para realizar o traballo no sector do comercio e impulsar a súa inserción laboral. Entre as competencias xerais que adquirirán as persoas asistentes están a prestación de atención e información protocolarizada e estruturada ao cliente; así como realizar actividades auxiliares de reposición e acondicionamento no punto de venda.

O curso vai dirixido a persoas desempregadas que se atopan en busca activa de emprego, polo que deben estar dadas de alta como demandantes de emprego e ter interese en formarse para traballar en tendas, supermercados e grandes superficies comerciais.

As persoas que desexen participar neste programa formativo, que ten un total de 19 prazas, poden anotarse chamando ao 986 253 176 e preguntando pola coordinadora da actividade Yolanda Gómez ou a través do e-mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ata o 17 de setembro.

Formación con prácticas en empresas
O proceso de selección terá lugar os días 18 e 19 de setembro de 2019 en Centro Antena, de 09:00 a 13:00 horas. As probas consistirán nunha entrevista persoal e na valoración do currículo e situación persoal con respecto ao emprego (duración do desemprego e situación social). Nesa entrevista valoraranse aspectos como a motivación da persoa, o seu nivel de lectoescritura e á súa traxectoria formativa e/ou profesional.

As persoas seleccionadas comezarán a formación o 23 de setembro. Esta impartirase de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, no Centro de Negocios Porto do Molle, na Rúa das Pontes (Vía A), en Nigrán. En total serán 200 horas de formación da que 80 son prácticas non laborais en empresas da área de influencia de Nigrán.

               

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

música

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos