25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

Nigrán habilita o primeiro espazo específico de recreo para cans

O Concello atende así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa

11 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa  350 metros cadrados en forma de 'L'. / Foto: Concello de Nigrán Atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa 350 metros cadrados en forma de 'L'. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán ven de habilitar o primeiro espazo específico de esparexemento para cans do municipio atendendo así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa. Este atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa 350 metros cadrados en forma de 'L' que están deseñados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa.

A superficie, de céspede natural, foi delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotouse a zona de sanecáns para depositar os excrementos e de máis bancos, próximamente o parque será mellorado con elementos de distraccións específicos para este animais. Un panel informativo recorda as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso. "Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans", explica o alcalde.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos