25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

Nigrán troca a observación das Perseidas por unha visita nocturna ao petróglifo do Rabete

Ante a previsión de nubosidade e ao estar o chan enchoupado, o Concello pospón a observación das bágoas de San Lourenzo ao venres 16

09 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Roi Casal en concerto. Roi Casal en concerto.

O Concello de Nigrán mantén este sábado en Chandebrito a segunda edición do festival Chan de Folk, evento que consta do concerto de Roi Casal (21:30 horas) pero que nesta ocasión, ante o a nubosidade prevista e ao estar o chan enchoupado, troca a clásica observación posterior das Perseidas por unha visita nocturna guiada ao gran petróglifo do Rabete, situado moi preto do lugar.

A sesión posterior ao concerto non poderá estar dedicada esta vez a contemplar as bágoas de San Lourenzo polas condicións atmosféricas e do terreo, pero en previsión de que o tempo mellore esta actividade foi posposta para o venres 16 de agosto e  estará dirixida igualmente por guías da Agrupación Astronómica Coruñesa. A cambio, os asistentes a Chan de Folk poderán coñecer despois do concerto (23:30 horas) o petróglifo do Rabete. Os encargados desta visita guiada serán expertos de Árbore Arqueoloxía, que levarán réplicas de diferentes petróglifos para realizar un obradoiro.

Esta será a ocasión tamén na que o Concello estree as recentemente adquiridas mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música, tendo xa numerosas solicitudes. Co obxectivo de que as poidan experimentar o maior número de persoas posibles e, tendo en conta que é a primeira vez que se empregan en Galicia, distribuirase o tempo de uso entre tódalas solicitudes.

Os interesados en acudir ao festival, de non coñecer o lugar, poden presentarse ás 20:30 horas no Concello de Nigrán en vehículo propio (o campo de fútbol Chandebrito funcionará como aparcadoiro, xa que está pegado á carballeira onde se celebrará o concerto e posterior visita ao petróglifo).  Haberá cantina con venda de bebidas e choripáns.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos