18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

Nigrán reparte 5.000 bolsas reutilizables para reducir o uso de plástico

Ilustradas pola artista local Olalla Fernández cunha estética alegre e positiva, serán entregadas de balde polos comerciantes aos seus clientes

05 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O alcalde e membros de Ovalmi amosan as bolsas. / Foto: Concello de Nigrán O alcalde e membros de Ovalmi amosan as bolsas. / Foto: Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia entregaron este luns á Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) 5.000 bolsas da compra reutilizables para que os establecementos do municipio as distribúan de balde entre os seus clientes e contribuír así á redución de plásticos e, en consecuencia, á protección do medio ambiente. Os comercios interesados poden solicitalas dende esta semana na sede da patronal local chamando antes ao 986 366 730.

A iniciativa, proposta a inicios de ano dende a propia asociación de empresarios, foi acollida con entusiasmo polo Concello de Nigrán, xa que encaixa coa 'Axenda 2030 de obxectivos de desenvolvemento sostible', que busca que nesta data todos os plásticos de Europa sexan reciclables ou reutilizables.

“Temos un plan estratéxico para cumprir coa axenda 2030 dende o propio Concello e, entre as diferentes medidas, figuran a redución de plásticos con medidas concretas como evitar o emprego de bolsas plásticas nas praias de Nigrán antes de 2021 para que así non acaben contaminando o mar ou emporcallando os areais”, explica o alcalde, Juan González.

As bolsas, de material non tecido e de 38x40 centímetros con asa longa e encargadas a unha empresa local, están ilustradas pola artista nigranesa Olalla Fernández cunha estética alegre e positiva que invita a levala pola rúa con orgullo, e inclúen o seguinte texto: 'Eu merco no pequeno comercio de Nigrán porque xuntos creamos un concello máis sostible e cheo de vida'. E na outra cara, pódese ler: '6 motivos para mercar no pequeno comercio de Nigrán: porque somos veciños. Porque a riqueza se queda no noso pobo. Porque axudas as persoas emprendedoras. Porque sempre temos un sorriso de agradecemento. Porque ti nos importas'.

“Ademais de colaborar dende o local coa protección do medio ambiente consideramos que tamén é unha maneira de incentivar a compra no pequeno comercio. Para unha gran superficie non significa ningún esforzo ter a disposición dos clientes bolsas reutilizables, pero para un pequeno comercio é un investimento que seguramente economicamente non lle resulta rendible. Deste xeito ás tendas non lles supón ningún esforzo económico e, ademais, a poderán repartir de balde”, sinala o alcalde, Juan González.

Mockup Bolsa Nigran Cara AMockup Bolsa Nigran Cara B

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos